venres, 12 de abril de 2013

xoves, 11 de abril de 2013

CLUB 2º DE ESO

El museo de los sueños de José Manuel Gisbert foi o elixido:
Sinopse:
"A vida do protagonista cambia por completo tras presenciar un enimático suceso: unha grande caixa de madeira é descargada dun barco estranxeiro. O protagonista non se conforma, e a curiosidade dirixe os seus pasos..."
Tamén podes descargar aquí a guía de lectura da editorial Oxford.

luns, 4 de marzo de 2013

CLUB ADULTOS

Na reunión do club de adultos do 1 de marzo, plantexáronse algunhas cuestións: é o álbum ilustrado literatura? e, aínda máis, é literatura para adultos?
A seguinte presentación de Gracia Santórum en Trafegando ronseis, pódenos aclarar moitas desas cuestións.

A próxima lectura para a reunión do 19 de abril será El lector de cadáveres de Antonio Garrido.

luns, 14 de xaneiro de 2013

REBELIÓN EN LA GRANJA, 4º

Para la segunda lectura del grupo de 4º de Eso, también novela, los alumnos eligieron un libro al que ya casi se puede considerar un clásico. Hablamos de Rebelión en la granja (Animal farm, 1945) del autor británico que firmó sus obras con el seudónimo de George Orwell . La novela, bajo la apariencia de cuento infantil, encierra una descripción atinada y devastadora de la corrupción inherente a las relaciones entre el poder y sus subordinados. Aplicado comúnmente a la revolución rusa  del S.XX, los alumnos de 4º valoraron especialmente la novela en relación a sus estudios de Historia contemporánea.

Navegando por la red, se puede acceder a versiones animadas de este relato para que los más jóvenes se vayan familiarizando con los Snowball, Napoleón, Benjamín, Moses y demás personajes que pueblan esta granja tan particular.

mércores, 19 de decembro de 2012

BONE, 1º B+C

Este grupo retoma un antigo éxito do primeiro club de lectura: BONE 1, Lejos de Boneville, de Jeff Smith; elixida pola revista Time como unha das 10 mellores novelas gráficas de todos os tempos.
Tres primos -Fone Bone, Phoney e Smiley- expulsados de Boneville, pérdense nun enorme e descoñecido deserto. Tras diversos incidentes reuniranse na cidade de Barrel Haven alleos á conspiración que se tece en torno a eles e sen percatarse de que as súas aventuras só acaban de comezar.

domingo, 25 de novembro de 2012

A COROA DE NAPOLEÓN, 1º A

Comezamos a nova aventura coa obra de Jaureguízar: A coroa de Napoleón.

A Coruña asiste horrorizada a un incidente de consecuencias internacionais: desapareceu unha coroa de Napoleón que o goberno francés lle emprestara á cidade para conmemorar o bicentenario da Batalla de Elviña. A xoia debe aparecer inmediatamente e de xeito discreto para evitar un conflito diplomático. Soamente un reporteiro coa coraxe de Tintimán, axudado por Señor Grozni, o seu gato torto, e por Mónica, unha compañeira de clase que asegura ser a súa moza, poderá descubrir o acontecido.

mércores, 21 de novembro de 2012

TRAICIÓN, 3º

Aprovechando recursos repetimos lectura y entrada con el alumnado de 3º de ESO.
Como todos los chicos de su edad, Tally está impaciente por cumplir los 16 años, porque entonces las autoridades la someterán a una operación estética para convertirla en perfecta. Pero justo antes de su cumpleaños, su mejor amiga le revela un gran secreto...
Traición, de Scott Westerfeld, primera novela de una saga que acaba de publicar su cuarto título, es una historia de suspense y ciencia ficción que puede recordar a Farenheit 451 o Matrix: un mundo aparentemente perfecto que oculta una falta total de libertad. También nos habla de amor, amistad y de ética: ¿Hasta dónde llegarías por conseguir la "belleza perfecta"? ¿Qué valor verdadero tiene la perfección?
Esperamos que os guste y que os haga pensar.