mércores, 21 de xaneiro de 2026

SEMPRE HAUSA, 2A


Da man de Xoán Babarro, lemos Sempre Hausa, a historia dun mozo africano do pobo hausa que debe emigrar e enfrontarse a novos desafíos mentres mantén a súa identidade. Unha historia que nos fala dos soños, dos medos, da ansia de superación e do amor ás raíces.

Abduhali é un rapaz nacido en África. Pertence ao pobo dos hausa e el e os seus teñen unha vida dura. Por iso, ten que deixar a familia e buscar novas terras. Non é doado sobrevivir. Dos soños, dos medos, da ansia de superación e do amor ás raíces fala esta historia, na que poderás presenciar tamén un rally Paris-Dakar.

Con estas curtas iniciamos o debate.


venres, 16 de xaneiro de 2026

LAZARILLO DE TORMES, 3A

Buscando un clásico que rompa moldes?
Esta novela anónima, que inaugurou a picaresca española, narra con ironía e realismo as peripecias de Lázaro, un antihéroe que loita contra a fame e a hipocrisía social. Unha lectura perfecta para debater sobre a supervivencia, a moral e a evolución dun personaxe inesquecible.


martes, 13 de xaneiro de 2026

ASTÉRIX E CLEOPATRA, 1C

Astérix e Obélix enfróntanse a unha nova misión: construír un palacio para a mesmísima Cleopatra!
Se ata temos unha singular adaptación en galego.

luns, 12 de xaneiro de 2026

TEMBLOR, 3C

Na seguinte lectura, Temblor de Maggie Stiefvater, os membros do Club de lectura de 3º C tremerán. Será de medo ou de amor?
Grace, unha moza moi práctica e independente, coñece a un mozo, Sam, que esperta nela familiaridade, pero tamén inquietude.
Poderán superar os obstáculos que existen nas súas vidas?
 

Aquí o primeiro capítulo.

sábado, 10 de xaneiro de 2026

¡MALDITO D.N.I.!, 4AB

Con Pepe Carballude e ¡Maldito DNI! continuamos.
Con esta novela chéganos a decisión de morrer legalmente e así vivir á marxe da burocracia moderna. Este desexo, ben doado nun principio, non resulta tan sinxelo e Olimpio Montes pronto comprende o difícil que se fai vivir indocumentado nun mundo controlado pola información.

xoves, 18 de decembro de 2025

RECOMENDACIÓNS NADAL, 4C

Todos os anos, a biblioteca publica as recomendacións de lectura. Este curso, os alumnos deste club colaboraron na selección e deseño.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS, 2025 de Biblio Caniza