Continuamos coa novela de Deborah Ellis, El Pan de la Guerra. Trátase da primeira dunha serie que continúa con El viaje de Parvana, Ciudad de barro e Me llamo Parvana.
luns, 15 de xaneiro de 2024
domingo, 14 de xaneiro de 2024
luns, 8 de xaneiro de 2024
CANDO PETAN NA PORTA..., 2AB
Lemos agora catro relatos de misterio que Docampo dedica aos seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan.
venres, 1 de decembro de 2023
mércores, 15 de novembro de 2023
ESMERALDINA, APOIO
Coa obra de Ledicia Costas comezamos a actividade.
Nas cociñas do hotel Fantastique, a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial.
Un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena, empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, e Esmeraldina, axudada por Lady horreur e Nicotina, aprende a ser unha pantasma de verdade.
A ficha de lectura da editorial Xerais tamén nos pode axudar na lectura ou os book tráiler da novela realizados polos "youtubeiros" do CPI Viaño Pequeno (Trazo).
Seremos capaces de facer algo similar? A intentalo!!!
sábado, 11 de novembro de 2023
REBELDES, 2AB
Rebeldes, de Susan E. Hinton foi a elección deste grupo.
Uns adolescentes neoiorkinos vense envoltos nunha complicada aventura pola inimizade entre dúas bandas. Tras unha pelexa, e sen ser culpables, Johnny e Ponyboy teñen que fuxir.
Durante a fuxida, Johnny arrisca a súa vida por salvar uns nenos dun incendio... e pérdea. Ponyboy regresa a casa cos seus irmáns decidido a volver ao instituto e abandonar unha vida tan chea de perigos.
Tamén podedes descargar a guía de lectura.
mércores, 8 de novembro de 2023
UNHA ESTRELA NO VENTO, 3C
Os integrantes do Club de lectura de 3ºC terán a oportunidade de ler a novela "Unha estrela no vento", da autora viguesa Ledicia Costas.
A novela trata a peripecia de Miguel Foz, un rapaz de dezasete anos que vai coñecer unha moza xitana que, no intre de venderlle unha rosa, cambiará a súa vida por completo. As paixóns, a amizade, o amor, a violencia, a infidelidade e a traizón mestúranse nesta historia que non olvida tampouco problemas sociais como o acoso escolar ou a integración das minorías étnicas.
Conta tamén cun proxecto de lectura.
Quen se anima a ser un "booktuber" como este alumno de Allariz? Agardamos as vosas creacións.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


.jpeg)
.jpeg)







