sábado, 11 de novembro de 2023

REBELDES, 2AB

Rebeldes, de Susan E. Hinton foi a elección deste grupo.
Uns adolescentes neoiorkinos vense envoltos nunha complicada aventura pola inimizade entre dúas bandas. Tras unha pelexa, e sen ser culpables, Johnny e Ponyboy teñen que fuxir.
Durante a fuxida, Johnny arrisca a súa vida por salvar uns nenos dun incendio... e pérdea. Ponyboy regresa a casa cos seus irmáns decidido a volver ao instituto e abandonar unha vida tan chea de perigos.
Tamén podedes descargar a guía de lectura.

mércores, 8 de novembro de 2023

UNHA ESTRELA NO VENTO, 3C

Os integrantes do Club de lectura de 3ºC terán a oportunidade de ler a novela "Unha estrela no vento", da autora viguesa Ledicia Costas.
A novela trata a peripecia de Miguel Foz, un rapaz de dezasete anos que vai coñecer   unha moza xitana que, no intre de venderlle unha rosa, cambiará a súa vida por completo. As paixóns, a amizade, o amor, a violencia, a infidelidade e a traizón mestúranse nesta historia que non olvida tampouco problemas sociais como o acoso escolar ou a integración das minorías étnicas.
Conta tamén cun proxecto de lectura.
Quen se anima a ser un "booktuber" como este alumno de Allariz? Agardamos as vosas creacións.

xoves, 19 de outubro de 2023

ORGANIZADOS!!!

A nosa coordinadora, Lorena, conseguiu, por fin, poñer orde entre tantos profes e alumnos implicados. A cousa queda do seguinte xeito.

COORDINADOR/A

GRUPO

ADRIÁN DE CIMA ESPESO (MAT)

1A

ÁNGEL JESÚS FDEZ BORRUÉ (EPV)

1B

SONIA MÍGUEZ SOTO (LC)

1C

LORENA ARES TROITIÑO (XEO) – COORDINADORA XERAL

2AB

Mª ESTHER PÉREZ PARENTE (LC)

2C, 2D

ELENA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ (PT)

3A

XOSÉ ABELLEIRA DEL RÍO (LG)

3B

CRISTINA CASTRO RODRÍGUEZ (BIO)

3C

ANTÍA ÁLVAREZ MOURE (LG)

4A

DARÍO ÁLVAREZ MOURE (LG)

4B

LUCÍA SEOANE GÓMEZ (MAT)

REFORZO

luns, 16 de outubro de 2023

PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DIXITAL

A plataforma de lectura dixital E-LBE.2 enriqueceu o seu catálogo con varios centos de novos fondos, en diversos formatos (Epub, audiolibros, podcasts…) e diferentes linguas.

Como xa sabedes, para entrar precisades a identificación e a chave de acceso. Se esquecestes estes datos, mirade no taboleiro da aula ou preguntádelle ao voso coordinador do club de lectura.

martes, 3 de outubro de 2023

QUEN SE APUNTA?

Os do club buscan lectores e seguro que os profes xa volo terán recordado, pero, se non é así, preguntade na biblioteca.
Seguro que haberá un club para vós.

venres, 16 de xuño de 2023