xoves, 8 de xuño de 2023
domingo, 4 de xuño de 2023
martes, 30 de maio de 2023
NA GUARDA, FIN DE FESTA
Aquí nos podedes ver... e aínda que a meteoroloxía nos asustaba, ao final respectou a viaxe.
Visita ao castro, paseo pola vila, ruta das cetarias, praia e visita sorpresa ao oulet de Tui para resgardarnos da auga final.
Pinchade na foto para entrar na galería.
xoves, 25 de maio de 2023
EXCURSIÓN
E mañá, 26 de maio, temos prevista a excursión que pecha a actividade deste curso. Cara Á Guarda viaxarán 99 alumnos e 5 profesores para realizar:
- Unha visita ao castro de Santa Trega dende onde poderán apreciar a desembocadura do río Miño.
- Unha ruta polo casco antigo.
- Unha andaina pola ruta das cetarias (5 km) ata a praia “Area Grande”.
- Unha xornada de praia.
Contarémosvos que tal resultou este fin de festa co que pechamos as actividades do club e premiamos aos que, semana a semana, se reuniron para festexar a lectura.
mércores, 24 de maio de 2023
A LEBRE MECÁNICA, 3º ESO A
Con Ledicia Costas e este Premio Lazarillo de Creación Literaria 2021, pecharemos a actividade deste curso.
As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empezou a ir en serio coas apostas semella outro. O que antes era pura diversión converteuse nun pesadelo. Case sen decatarse, Corvo acaba metido nunha rede de problemas da que semella imposible saír.
domingo, 7 de maio de 2023
LETRAS GALEGAS 2023
Xa podemos ver a exposición e empregar os recursos para achegarnos á figura do homenaxeado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


.jpg)






