mércores, 19 de abril de 2023

A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO, 1º ESO C

 

Marilar Aleixandre tráenos unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo coñecemento están nas páxinas desta excepcional novela.

martes, 18 de abril de 2023

O CÍRCULO ESCARLATA, 3º ESO B

E seguimos coa continuación que César Mallorquí vén de publicar a As lágrimas de Shiva.
"Nunha ocasión, hai xa ben de tempo, vin unha pantasma. E logo, catro anos despois, vin outra. A primeira pantasma era amable, mesmo arrecendía que daba gusto. A nardos. Era o espírito de Beatriz Obregón; grazas a ela atopei as Lágrimas de Shiva, un fabuloso colar que estivo perdido durante setenta anos.
A segunda pantasma foi moito menos amable. Metía medo e, desde logo, non arrecendía precisamente a nardos. Tiven un desagradable encontro con ela na Mansión Kraken, pouco despois de escoitar falar por primeira vez do Círculo Escarlata, unha escura e sinistra seita tan antiga coma o tempo. Iso ocorreu no verán de 1973, catro anos despois da miña estancia en Vila Candeloria, o fogar dos meus tíos e das miñas curmás, os Obregón."
 

Plan lector