venres, 17 de marzo de 2023
martes, 14 de marzo de 2023
PREPARANDO A EXCURSIÓN
Como cada ano, pretendemos pechar a nosa actividade cunha excursión. E para que a carga económica sexa mínima para o alumnado, empezamos a vender calendarios, que se deseñaran como axuda á excursión do alumnado de 4º da ESO.
Xa os estamos repartindo e imos dispostos á venta.
![]() |
| Club de lectura de 2º ESO A, con Elena |
domingo, 12 de marzo de 2023
INVISIBLE, 2º A, OUTRAS FORMAS DE LER
Coa lectura de Invisible, o club de 2º ESO A buscou outra forma de expresión co knolling literario.
E aquí están algúns alumnos levándoo á práctica.
martes, 28 de febreiro de 2023
IRIDIUM, 2º A
Francisco Castro convídanos con Iridium. É unha historia de amor. Ou é unha historia de discriminacións e inxustizas. Ou é unha historia sobre a amizade máis aló das dificultades. Ou é unha historia sobre unha raíña do Instagram e un malote moi malo.
Libro que entrou na prestixiona Lista IBBY de Oslo.
venres, 24 de febreiro de 2023
LA CHICA QUE PATINA Y EL TONTO QUE LA QUIERE, 2º C
Nesta novela de Andrés Guerrero, Miguel soña con ser debuxante de cómics e está namorado de África. Cando a viu por primeira vez pareceulle a moza máis guapa do mundo e os sábados deixaron de ser simplemente sábados para converterse en maravillosos sábados. África soña con gañar unha medalla olímpica e quere estudar bioloxía mariña. E a primeira vez que viu a Miguel...
luns, 13 de febreiro de 2023
LOS PEORES NIÑOS DEL MUNDO, 6º PRIMARIA
Aquí o libro máis vándalo de David Walliams, dez historias endemoniadamente divertidas e surrealistas sobre os dez nenos máis espantosos do mundo, nenos que ensinan aos seus piollos a facer cousas horrorosas, nenos que non deixan de furgar no nariz ata amasar o moco máis grande do mundo... Dende Blas o Babas (un mozo cunhas babas que o meten sempre en problemas) ata Sofía Sofá (unha súper fan da tele que de tanto sentar no sofá... convértese nun!).
mércores, 11 de xaneiro de 2023
EL PRÍNCIPE DE LA NIEBLA/LA ABUELA GÁNGSTER, 1º A+D
Como non temos exemplares para todos, imos experimentar levando dous libros á vez: La increíble historia de la abuela gánster de David Walliams e El príncipe de la niebla de Ruíiz Zafón.
Que sairá de aquí?
Guías lectura: El príncipe..., La abuela...
Recordade que o de Walliams está en E-lbe.2, se esquecestes acceso e contrasinal pedídello ao voso coordinador.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










