luns, 14 de xaneiro de 2019

LA CABAÑA, 4º

La cabaña de Natasha Preston foi a elección deste grupo.
Unha fin de semana de esmorga nunha cabana remota é xustamente o que Mackenzie necesita. Quere divertirse a lume de biqueira cos seus amigos, lonxe dos pais e as obrigacións. Pero tras unha noite tola dúas deles morren… asasinados.
Sen signos de que a porta fose forzada e ningún rastro de loita, as sospeitas recaen sobre o grupo de amigos. 
Entre eles só hai un asasino. Pero ningún é inocente.

UN AMOR, ADULTOS

Un  cincuentón resolve a súa vida sexual coas visitas regulares a unha prostituta, ata que esta lle concerta unha cita cunha moza pola que termina desenvolvendo unha dolorosa dependencia sentimental.
A novela Un amor, do italiano  Dino  Buzzati, é a nova proposta que enreda co amor, a pasión obsesiva ou o masoquismo.

venres, 21 de decembro de 2018

NADAL 2018

Profesores e alumnos do club de lectura aproveitamos a ilustración de Bill Sanderson para desexar a todos unhas boas festas.