mércores, 16 de abril de 2014
luns, 14 de abril de 2014
venres, 11 de abril de 2014
xoves, 10 de abril de 2014
LA LEY DE LA CALLE, 3º+4º
Esta foi a elixida: La ley de la calle, de Susan E. Hinton.
Sobrevivir nos suburbios dunha gran cidade esixe respectar as duras leis da rúa. Rusty James conseguiu saír adiante pero pagou un prezo moi alto. As pequenas escaramuzas que pronto se converteron en asuntos graves, as drogas, as ameazas á volta de cada esquina, o brillo do aceiro e o olor do sangue, os reformatorios, tamén as festas salvaxes e as rapazas. E ao fondo de todo a morte dun bo amigo que marcou a súa vida para sempre.
martes, 8 de abril de 2014
DRAGALIZANDO
Tiñamos escoitado moito sobre estes libros, aquela gran triloxía do dragón galego, da que tamén queren facer unha película e incluso un videoxogo e non queriamos quedar fóra desa irmandade. Foi empezar a nosa lectura e a propia autora presentouse no noso centro, está moi claro que esta historia ten un componente máxico indubidable. En efecto, a xornalista e escritora Elena Gallego, cuxa páxina web persoal podedes visitar aquí, estivo connosco para falar de nenos, de Hadrian, de Mónica, de dragóns, de seres mitolóxicos e de trens que as veces pasan por diante das nosas vidas e non deberiamos perder.
martes, 1 de abril de 2014
EL ROSTRO DE LA SOMBRA, 1º
El rostro de la sombra de Alfredo Gómez Cerdá.
Como é posible que algúns vídeos de Internet se difundan tan rápido? Unha escena interesante, unha anécdota divertida... Xa está todo inventado. Hai que gravar algo que de verdade chame a atención. Algo arriscado e perigoso. Tan perigoso que ninguén pode saber quen o colgou.
Booktrailer
O 60% da novela está dispoñible de maneira gratuíta en Internet e, ademais, tamén temos actividades interactivas para PDI e outras propostas para traballar a lectura.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




