No libro que recolle os relatos do IV certame de relato curto, podedes ler este que foi finalista na categoría de Secundaria. A autora, Genoveva Longueira Pereira, de 3º B participou sendo alumna do IES Castelao, Vigo.
Esperamos lela de novo nesta convocatoria; a ela e a vós.
O País do Revés
Era unha vez unha nena chamada Onika, a cal vivía nas
aforas da cidade cos seus pais.
Unha mañá de decembro, seu pai entrou ao seu cuarto cunha
caixa e díxolle:
—Filla, isto é para ti. Un pequeno agasallo polas túas
boas notas.
A nena deulle un bico e, ao abrir a caixa, descubriu un
pequeno gatiño de cor negra e ollos verdes.
Co tempo, o gato, ao que chamou Tim, converteuse no seu
mellor amigo.
Unha noite, mentres durmía, escoitou unha voz que lle
dixo:
—Onika, necesitámoste.
Sobresaltouse, prendeu a luz e agudizou o oído, pero non
escoitou nada. De súpeto, oíu miañar no armario, achegouse e abriuno. Entón viu
o seu gato Tim, que lle dixo:
—A miña familia e mais eu precisámoste.
A nena, estrañada, replicou:
—Co-como é que podes...?
—Non importa. Tes que vir comigo.
Saíron pola fiestra, xa que a súa casa era de planta
baixa.
—Dirixímonos ao bosque. Debemos acabar con eles canto
antes —explicou Tim.
—Pero, acabar con quen? —dixo Onika.
—Temos que darnos présa —o gato apurou o paso.
Chegaron ao bosque e Tim dirixiuse a un tronco oco.
Entraron e a nena decatouse de que semellaba máis pequeno do que era.
Cando chegaron, a nena non podía dar crédito ao que vía.
Centos, quizais miles de gatos miañaban desconsolada e
desesperadamente sobre cadeiras. No chan, millares de ratos ríanse e mordíanos.
Onika, desconcertada e cos ollos coma pratos,
preguntoulle a Tim:
—Que é o que acontece?
O gato, fitándoa aos ollos, respondeulle:
—Nunca estiveches no País do Revés?
Ningún comentario:
Publicar un comentario