Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta medo. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta medo. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

sábado, 1 de marzo de 2025

MEDO, 4A

Despois de Mentira e Verdade de Care Santos, agardabamos a continuación con interese.
Hai veces na vida dalgunhas persoas en que de súpeto ocorre algo que o cambia todo. O medo. Medo a vivir. Medo a non soportar a vida. Medo a ter que facelo. Medo a non saber como. Medo ao medo.
Tamén trata dos celos. Os celos destrúennos por dentro. A miúdo, tamén por fóra. Os celos destrúeno todo. E sempre pagamos por eles un prezo demasiado alto. Como Eric, como  Xenia, como Hugo. Porque aprender a vivir nunca é fácil.

luns, 18 de abril de 2022

A CASA DO MEDO, 2º ESO A

Comezamos con este libro de Agustín Fernández Paz.
O narrador desta historia, un home adulto, regresa á vila na que transcorreu a súa infancia, asociada na súa memoria a unha traumática experiencia vivida daquela. Decidido a saldar dunha vez por todas as contas co pasado, relata o que lle aconteceu tras quedar pechado no enigmático caseto que espertaba os temores da cativada de Valverde. Para volver reunirse cos seus e abandonar ese lugar de encerro, o protagonista terá que superar as probas do cruel Señor das Serpes e lograr regresar con vida da Illa da Lúa.
Un relato que nos interna nunha aventura marcada polo medo e unha tensión que se intensifica consonte van avanzando as páxinas.

domingo, 1 de novembro de 2015

LOS MEJORES RELATOS DE TERROR, 4º A+C

Nesta interesante selección reúnense algúns dos mellores contos de terror escritos polos grandes mestres do relato fantástico: Poe, W.W. Jacobs, H. P. Lovecraft, Horacio Quiroga... Un medo que xorde con sutís pinceladas e non con sanguentas descricións.
Pódeos axudar na lectura a proposta de actividades da editorial Alfaguara.
Pasarémolo de medo. Empezamos xa?
                              

martes, 18 de febreiro de 2020

MENTIRA, VERDADE E... MEDO (CARE SANTOS) 3ºA+B



Despois de ler as dúas primeiras entregas da triloxía (Mentira e Verdade), fixemos un pequeno concurso no que as alumnas e alumnos do grupo de Club de Lectura de 3ºA e B tiñan que pensar un final para esta historia.

¿Que pasará finalmente? ¿Acertarían?

Saberémolo ao finalizar o último libro (Medo)!


Aquí tendes o booktrailer de Verdade:


martes, 29 de outubro de 2019

OBRADOIRO DE CONTOS DE MEDO

Comezamos con excursións!!!
O xoves 24 visitamos o Museo Etnolóxico de Ribadavia para realizar un taller sobre contos de mortos, aparecidos, santa compaña...
Compartimos co alumnado dos IEs da Cañiza e Ribadavia e combinamos análise, creación  e reinvención. Puxo o peche a actuación de Brais das Hortas.


 





sábado, 1 de maio de 2021

A CASA DO MEDO, 1º ESO

Os de 1º xa rematamos coa lectura de misterio da man de Fernández Paz e aquí nos presentamos para convidarvos a lelo.
Está na biblio. A por el!!!!!!!!
E xa sabedes, cambio de coordinadora. Volve Esther e descansa Irene.

luns, 9 de novembro de 2015

GÁRGOLA, 1º C

Gárgola de Carlos Villa Sexto é a primeira elección.
Unha novela de terror na que o realismo da ambientación convive coa presenza do sobrenatural e o inexplicable. Jeremy ten un mal soño que volve unha e outra vez, un horrible pesadelo que está a indicarlle algo. A súa nai morreu en circunstancias estrañas, ao igual que varios amigos do seu pai. ¿Que foi o que ocorreu? ¿Cal é o significado dos seus atroces pesadelos? ¿Quen é ese ser sen rostro que o aborda pola rúa e lle fala do seu pasado? Jeremy vai emprender unha investigación que rematará converténdose nunha dolorosa viaxe cara ao medo.

martes, 16 de xaneiro de 2024

TEMBLOR, 3C

Na seguinte lectura, Temblor de Maggie Stiefvater, os membros do Club de lectura de 3º C tremerán. Será de medo ou de amor?
Grace, unha moza moi práctica e independente, coñece a un mozo, Sam, que esperta nela familiaridade, pero tamén inquietude.
Poderán superar os obstáculos que existen nas súas vidas?
 

Aquí o primeiro capítulo.

venres, 13 de marzo de 2020

CLUB LECTURA 3ºA - 3ºB - 3ºC


Dada a situación excepcional que estamos a vivir estos días, animámosvos a rematar durante este tempo a lectura do libro VERDADE (Club de lectura de 3ºC) e do libro MEDO (Club de lectura de 3ºA e 3ºB).
Á volta comentarémolos!

E lembrade, non estamos de vacacións, esto é unha alerta sanitaria. Quedade na casa!

xoves, 28 de setembro de 2017

EL CUENTO DE LA CRIADA, ADULTOS

A novela de Margaret Atwood foi a elixida para a reunión do 3 de novembro.


Amparándose no medo ao terrorismo islámico, os gobernantes deciden suprimir a liberdade de prensa e os dereitos das mulleres. Neste contexto, na República de Gilead, Offred só serve para procrear, tal como impoñen as férreas normas establecidas pola ditadura que domina o país. Se Defred se rebelase ou non fose capaz de concibir, só lle esperaría a morte en execución pública ou o desterro.
A vida das mulleres está controlada ata o mínimo: alimentación, indumentaria, actividades... todo, agás o pensamento e o desexo que resulta incontrolable.
Esta novela leva trinta anos nas librerías con escaso éxito Será agora a serie que nela se inspira o auténtico trampolín para a lectura?

mércores, 13 de novembro de 2019

MEMORIA DO SILENCIO, 4º A+B

Eva Mejuto, en Memoria do silencio, noveliza a historia real das irmás Touza, que durante os primeiros anos 40 salvaron a máis de 500 xudeus perseguidos polo nazismo.
Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade.
Podemos empregar a súa ficha de actividades.
A lectura levaranos, tamén, á película La vida es bella, do director Roberto Benigni.

luns, 8 de xaneiro de 2024

CANDO PETAN NA PORTA..., 2AB

 
Lemos agora catro relatos de misterio que Docampo dedica aos seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan.

Material complementario.

martes, 18 de abril de 2023

O CÍRCULO ESCARLATA, 3º ESO B

E seguimos coa continuación que César Mallorquí vén de publicar a As lágrimas de Shiva.
"Nunha ocasión, hai xa ben de tempo, vin unha pantasma. E logo, catro anos despois, vin outra. A primeira pantasma era amable, mesmo arrecendía que daba gusto. A nardos. Era o espírito de Beatriz Obregón; grazas a ela atopei as Lágrimas de Shiva, un fabuloso colar que estivo perdido durante setenta anos.
A segunda pantasma foi moito menos amable. Metía medo e, desde logo, non arrecendía precisamente a nardos. Tiven un desagradable encontro con ela na Mansión Kraken, pouco despois de escoitar falar por primeira vez do Círculo Escarlata, unha escura e sinistra seita tan antiga coma o tempo. Iso ocorreu no verán de 1973, catro anos despois da miña estancia en Vila Candeloria, o fogar dos meus tíos e das miñas curmás, os Obregón."
 

Plan lector 

martes, 17 de abril de 2018

EL MÉTODO 15/33 - 4º A

Despediremos o club coa lectura desta novidade editorial, premio  National  Indie  Excellence para a mellor novela de suspense de 2015.
el metodo 15/33-shannon kirk-9788466658782
Lisa ten 16 anos, antecedentes académicos intachables, habilidades para a ciencia e unha intelixencia que supera á media. Con todo, hai outra característica da súa personalidade que a converte nunha moza diferente ás demais: padece un  transtorno que lle impide  empatizar coa súa contorna. Por iso, cando é secuestrada con sete meses de embarazo, Lisa non sente medo ou desesperación, senón que se enfoca na construción dun plan perfecto que lle permita destruír ao seu  carceleiro.
Tamén podemos comezar a ler aquí.

venres, 11 de outubro de 2024

MENTIRA, 4A

Temos tan boas referencias, que decidimos comezar co primeiro da triloxía de Care Santos.
Xenia loita por sacar as mellores notas, pero ultimamente o seu rendemento académico está baixando. O que ocorre é que Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redor, senón dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa que comparte a súa paixón pola lectura.
Como o seu amor virtual non quere concertar unha cita, decide localizalo e presentarse ante el por sorpresa. Investigando, descobre que todo é mentira: nin a foto nin o nome do rapaz son reais. Cal é a verdadeira identidade da súa alma xemelga?
Plan lector aquí.
A ter en conta...
Recordade que esta novela forma unha triloxía xunto con Verdade e Medo, que tamén vos están agardando na biblioteca.

martes, 3 de decembro de 2024

22 SEGUNDOS, 3D

Continuamos con Eva Mejuto e 22 segundos.

"Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá -ou non quererá comprender- nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son."Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. "22 segundos"
Ficha do libro aquí.
Motivaremos o diálogo con estas curtas sobre os estereotipos e sobre a aceptación dun mesmo.