mércores, 14 de decembro de 2016

ESCARLATINA..., 1º B+C+AULA PT

Nada máis comezar a funcionar, este club aumentou en número de lectores ao contaxiar a algúns alumnos da aula PT.
 
Unha vez rematado Bone, será Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas, a que os faga "cociñar" ideas, contidos, tramas, sorrisos... e tamén pratos exquisitos nas vindeiras semanas.

Román é un neno de 11 anos que naceu o día de defuntos. Perdeu ao seu avó e, por culpa da crise, algún dos costumes da súa vida. Polo seu aniversario recibe un inesperado agasallo. Empeza aquí o seu contacto co inframundo. Escarlatina, unha pequena virtuosa da cociña falecida no século XIX lévao ao máis aló, e xuntos deberán elaborar a receita perfecta para vivos e mortos.

A editorial, Xerais, ofrécenos incluso unha guía de lectura.

domingo, 11 de decembro de 2016

HUMOR DE LIBRERÍAS

Librería Lello; Porto
Unha lista de frases "curisosas" de clientes de librerías:
  • Un señor levou escrito o título e o autor que desexaba: "Jamle" de Sespi (Hamlet, Shakespeare).
  • Un señor quería comprar "El Quijote" e, á pregunta sobre se desexaba algunha edición en particular, contestou que lle bastaba con que fose de bo autor.
  • Unha señora pediu o libro de "Míster Proper". Ante a sorpresa do libreiro, a señora aclarou, cun toque de impaciencia, que se trataba do libro do neno meigo ese, o das películas (Harry Potter, J. K. Rowling).
 Vía: Quelibroleo

martes, 15 de novembro de 2016

SIN MÁSCARA, 3º A

Alfredo Gómez Cerdá é o autor da novela elixida polos de 3º A para comezar as reunións.
Nun principio, a relación entre Roberto e Lúa parece difícil de concibir. El é un mozo de boa familia e ela vive nun barrio obreiro de Madrid. Con todo, namoraranse e a súa relación, sincera e honesta, servirá de contrapunto a un mundo duro, cheo de hipocrisía, onde cada persoa non é o que parece.
A editorial ofrécenos este material para traballar a lectura; incluso podemos ler o primeiro capítulo.

xoves, 10 de novembro de 2016

MUERTE A SEIS VEINTICINCO, 2º A

Muerte a seis veinticinco de Jordi Cervera 
O brutal asasinato dunha muller e do seu fillo, a familia dun famoso xogador de baloncesto procedente da NBA, sacode a vida cotiá dunha tranquila cidade catalá. Ninguén imaxinaba que aquilo puidese acontecer, como quen di, na porta do lado. E non obstante, tras aquel caso, o sarxento Joan Pons e os seus homes encontraranse cunha trama urdida polo miúdo durante anos para saborear unha cruel vinganza. Antes de resolver o dobre crime, a Brigada de Investigación terá que enfrontarse a presións e trampas ata descifrar o enigma, tirando de cada un dos fíos desta tea de araña nunha trepidante carreira a contra o reloxo.

A editorial convídanos a empregar as actividades para a aula e as estratexias de animación lectora.

NO CULPES AL KARMA DE LO QUE TE PASA POR GILIPOLLAS, ADULTOS

“No culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas” foi o elixido para a reunión do 16 de decembro.
Resultado de imagen de no culpes al karma de lo que te pasa por gilipolla epub
Promete diversión, polo menos esa foi a razón da elección, esperemos non nos decepcione.
Aquí o trailer da película que está de estreno.

mércores, 9 de novembro de 2016

LA MÁQUINA PENSANTE, 1º A

Sobre Jacques Futrelle e sobre os seus relatos de La máquina pensante falará o club de 1º A.
Resultado de imagen de LA MÁQUINA PENSANTE
O profesor Van Dusen, coñecido como «A máquina pensante», está firmemente convencido de que unha mente disciplinada é capaz de resolver situacións que a maioría dos humanos estiman como imposibles. Para demostralo sométese a un experimento polo cal se compromete a fuxir dun cárcere no prazo dunha semana. Sairá con éxito o seu intento? Completan o volume outros tres relatos, a cal máis enxeñoso, caracterizado pola formulación dun problema de aparencia insoluble e a impecabilidad da solución.