Nada máis comezar a funcionar, este club aumentou en número de lectores ao contaxiar a algúns alumnos da aula PT.
Unha vez rematado Bone, será Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas, a que os faga "cociñar" ideas, contidos, tramas, sorrisos... e tamén pratos exquisitos nas vindeiras semanas.
Román é un neno de 11 anos que naceu o día de defuntos. Perdeu ao seu avó e, por culpa da crise, algún dos costumes da súa vida. Polo seu aniversario recibe un inesperado agasallo. Empeza aquí o seu contacto co inframundo. Escarlatina, unha pequena virtuosa da cociña falecida no século XIX lévao ao máis aló, e xuntos deberán elaborar a receita perfecta para vivos e mortos.
A editorial, Xerais, ofrécenos incluso unha guía de lectura.
Canto me gustou este libro!!!!
ResponderEliminarAlgún vai facer algunha receita con el? Seguro que Elena siiiii.