A mediados do século XXI, a doutora Sara Mettmann, membro da organización que rexe os destinos de Europa desde a sombra, viaxa a Galicia acompañada polo seu fillo David. A misteriosa desaparición de David será o inicio dunha cadea de desconcertantes sucesos que, coma un estraño pesadelo, acabará arrastrándoos a unha aventura que cambiará para sempre as súas vidas e talvez o destino da humanidade.
xoves, 9 de outubro de 2025
O CENTRO DO LABIRINTO, 4A
DIARIO DA OUTRA MANIÁTICA, 4B
Con Ann McPherson e Aidan Macfarlane comezamos a actividade.
Susie, unha rapaza de 16 anos, escribe o seu diario íntimo, seguindo ao seu irmán Peter Payne, autor do Novo diario dun xove maniático. Desde o seu punto de vista feminino, Susie escribe sobre o sexo, o amor, anorexia, febres glandulares, depresión, morte, SIDA, dietas, exames, anticoncepción, divorcio, vermes, estrés, piollos e moitas cousas máis.No diario inclúe recortes, folletos, cartas e fragmentos de xornais e revistas sobre problemas que lle preocupan, anotacións das aventuras de Pete e doutros acontecementos, bos e malos, da súa vida familiar.
TRECE ANOS DE BRANCA, 1B
"Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distintos episodios da súa vida que nos permiten ir coñecendo como é e como foi esta rapariga de trece anos. A súa infancia, a súa forma de vivir, os problemas dos seus pais, o colexio, o seu primeiro amor… son escenas que van xurdindo grazas ao efecto evocador dunhas vellas fotografías."
luns, 6 de outubro de 2025
OLLOS DE AUGA 3º ESO B+C
AS LÁGRIMAS DE SHIVA, 3º ESO A
venres, 3 de outubro de 2025
EL SÓTANO, 2BC
mércores, 1 de outubro de 2025
BONE, 4C
OLFATO DE DETECTIVE, 2A
martes, 30 de setembro de 2025
EL ORDENADOR ASESINO, 1C
xoves, 25 de setembro de 2025
luns, 22 de setembro de 2025
venres, 23 de maio de 2025
ENDEREZO DESCOÑECIDO, 4A

xoves, 15 de maio de 2025
DE EXCURSIÓN, 2025
sábado, 10 de maio de 2025
PREPARANDO A EXCURSIÓN
Como queremos ir de excursión e facelo por poucos cartos, sacamos á venda cousiñas que nos fixeron os de Polos Creativos.
Grazas a todos por colaborar. Quen quere?
martes, 6 de maio de 2025
A MEMORIA DOS PAXAROS, 3A
Coa novela de Teresa González Costa despedímonos.
A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Os despoxos de paxaro aparecen polos camiños, escóitanse chíos arrepiantes e hai cortes de luz inexplicables. A sombra dun terrible ser mitolóxico emerxe das tebras, ao tempo que un especulador de terreos asegura ter a solución a todos os problemas. Celeste, a filla do ornitólogo e mais dunha investigadora da mitoloxía das aves, vai tentar descubrir que hai detrás de todo o que está a pasar. Que se repita ou non a traxedia que tivo lugar poucos anos atrás depende talvez da memoria que algunhas persoas valentes gardan do tempo en que as catro pedras con nome de paxaro eran veneradas.
Conta con ficha de lectura e tamén podedes ler as primeiras páxinas.
AMOR DOS QUINCE ANOS, MARILYN, 1B
luns, 14 de abril de 2025
O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE, 2B
venres, 4 de abril de 2025
A ILLA DE TODAS AS ILLAS, 4B
domingo, 30 de marzo de 2025
INVISIBLE, 1AC
Os alumnos deste club xogaron co título para recoller o que o libro lles transmitiu. Aquí algún exemplo.
sábado, 15 de marzo de 2025
INVISIBLE, 2C
Nós tamén nos unimos ao club de Invisible.
venres, 7 de marzo de 2025
EL SUEÑO DE BERLÍN, 1B
LA INCREÍBLE HISTORIA DE LA ABUELA GÁNSTER, 2A
xoves, 6 de marzo de 2025
CARTAS DE INVERNO, 3B
A editorial tamén conta cunha guía de lectura.
E na biblioteca contamos, tamén, coa versión de Antonio Seijas en banda deseñada.
REDES, 1AC
Rematado Invisible, había que continuar.
sábado, 1 de marzo de 2025
MEDO, 4A
sábado, 8 de febreiro de 2025
sábado, 1 de febreiro de 2025
EL AMOR ES DEMASIADO COMPLICADO, 1B
mércores, 29 de xaneiro de 2025
SI TÚ QUIERES, 3A
luns, 27 de xaneiro de 2025
GRITARÉ TU NOMBRE, 3C
Agora Jordyn cambiouse a un novo instituto e sente que é a oportunidade que estaba a esperar para empezar de novo: está decidida a ocultar a existencia do seu irmán. Pero as mentiras teñen un custo e Jordyn non tarda en darse conta de que, se segue afastando a todo o mundo da súa vida para que non descubran o seu secreto, podería perdelo todo, incluído a Alex, por quen sente algo moi especial.
Como punto de partida para entender mellor a Phillip podemos ver:
- O documental “María y yo”, que trata a vida de María, filla do debuxante Miguel Gallardo.
- Esta magnífica película que conta a conmovedora historia, baseada en feitos reais, dun corentón con Síndrome de Asperger e unha nena de 8 anos.
venres, 17 de xaneiro de 2025
AIRE NEGRO, 3D
Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa prisión interior e comece a lembrar o seu pasado.
«Escríbao todo, reviva outra vez o que pasou. Escriba o que non é capaz de expresar con palabras en voz alta. Así irán collendo sentido as lembranzas que agora permanecen enmarañadas na súa memoria.» O doutor conseguirá que Laura rememore todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para destruírnos.
venres, 10 de xaneiro de 2025
YO ESTUVE AQUÍ, 4B
xoves, 9 de xaneiro de 2025
DÚAS MOEDAS, 2A
Nuria Tamarit acompáñanos con este cómic.