Este libro, de Agustín Fernández Paz, recolle seis historias moi diversas, pero cun fío común: todas elas teñen unha rapaza como protagonista.
Mozas nunha idade difícil, enfrontadas por vez primeira á complexidade da vida, e cuxos problemas e vivencias cotiás aparecen reflectidos con gran autenticidade, nunhas historias que sorprenden, intrigan e emocionan. Os relatos percorren diferentes xéneros narrativos: desde a ciencia ficción ao misterio, pasando por historias de corte realista…
Ficha do libro que proporciona Xerais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario