venres, 10 de marzo de 2017

NOITE DE VORACES SOMBRAS, 2º B E 3 ºB

De novo, será Agustín Fernández Paz quen ofreza a este grupo de lectores unha obra sobre a recuperación das vidas truncadas trala guerra civil e a amarga posguerra.

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquedante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apretada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra.
Proxecto de lectura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario