Jordi Sierra i Fabra con esta novela plantexa unha trama de intriga que ha sorprender ao alumnado do club de 1º C.
Gabriel é obxecto dun secuestro rápido: tres horas, cen mil euros de rescate e unha soa comunicación máis para informar sobre o lugar do intercambio. E Mariasun, a súa noiva, convértese en testemuña dos feitos.
Ela, sen dubidalo nin un segundo, decide perseguir aos secuestradores coa
súa motocicleta. Son as 9 da mañá dun martes calquera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario