xoves, 17 de marzo de 2016

ENQUISA HORA DE LER

No mes de febreiro, con motivo da revisión do Plan Lector do centro, pedimos a vosa opinión sobre a hora de ler.
Aquí algún resultado:
A razón fundamental pola que os alumnos se mostran tan satisfeitos coa sesión diaria de lectura é que, como se lles permite ler o que queiran, resúltalles posible aproveitar para traballar nos libros de lectura recomendada ou obrigatoria. Así, o 52% apunta a este motivo para valorala positivamente, aínda que tamén é significativa a porcentaxe do 38%, que recoñece que ademais lle resulta relaxante. 


En relación ao tipo de lectura predominante, o 70.2% le libros de lectura recomendada ou obrigatoria, e un 64.3% tamén le libros que non teñen relación cos propostos polo profesorado. 

No aspecto do aproveitamento da hora de ler, o 84.5% do alumnado afirma que foi quen de rematar algún libro utilizando a hora de ler, malia que o 51% admite que, ás veces, outros compañeiros son fonte de distracción e perturbacións, e o 33% que hai alumnos que ou non tran libro, ou non len. 
Como aspectos positivos, en xeral, os rapaces perciben que a hora de ler lles reporta vantaxes como a mellora no vocabulario e na comprensión, e no desenvolvemento do aprecio pola lectura. 

Con respecto ás posibles melloras, hai que sinalar que un 58.3% considera que a duración da hora de ler debería incrementarse, e un 82% demanda que se poidan ler xornais ou revistas. Con todo, os aspectos máis graves son que un 46% afirma que hai profesores que nunca len, e só un 69% asegura que a sesión de ler se respecta sempre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario