Aproveitando a data, recomendamos unha novidade que sabemos vos vai gustar: Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.
Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un album secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion & cool & chic & sexy.
Ningún comentario:
Publicar un comentario