En vésperas da Primeira Guerra Mundial, unha nena é abandonada nun barco con destino a Australia. Unha misteriosa muller chamada a Autora prometeu coidar dela, pero a Autora desaparece sen deixar rastro...
Un terrible segredo sae á luz...
Na noite do seu vinte e un aniversario, Nell O'Connor descobre que é adoptada, o que cambiará a súa vida para sempre. Décadas máis tarde, embárcase na busca da verdade dos seus antepasados que a leva á ventosa costa de Cornualles.
Unha misteriosa herdanza que chega no século XXI...
Á morte de Nell, a súa neta Casandra recibe unha inesperada herdanza: unha cabana e o seu esquecido xardín nas terras de Cornualles que é coñecido pola xente polos segredos que estes esconden. Aquí é onde Casandra descubrirá finalmente a verdade sobre a familia e resolverá o misterio, que se remonta un século, dunha nena desaparecida.
«El jardín olvidado reúne todos os elementos dunha auténtica novela romántica inglesa que tanto gusta a un tipo de lectores. [Presenta] claras evocacións a Charles Dickens, Jane Austen ou as irmás Brönte». A VangardaSe queredes coñecer máis á autora, podedes ler a súa entrevista en "El País Semanal"
Ningún comentario:
Publicar un comentario