martes, 14 de marzo de 2023

PREPARANDO A EXCURSIÓN

Como cada ano, pretendemos pechar a nosa actividade cunha excursión. E para que a carga económica sexa mínima para o alumnado, empezamos a vender calendarios, que se deseñaran como axuda á excursión do alumnado de 4º da ESO.

Xa os estamos repartindo e imos dispostos á venta.

Club de lectura de 2º ESO A, con Elena

domingo, 12 de marzo de 2023

INVISIBLE, 2º A, OUTRAS FORMAS DE LER

Coa lectura de Invisible, o club de 2º ESO A buscou outra forma de expresión co knolling literario.
E aquí están algúns alumnos levándoo á práctica.



martes, 28 de febreiro de 2023

IRIDIUM, 2º A

Francisco Castro convídanos con Iridium. É unha historia de amor. Ou é unha historia de discriminacións e inxustizas. Ou é unha historia sobre a amizade máis aló das dificultades. Ou é unha historia sobre unha raíña do Instagram e un malote moi malo.
Libro que entrou na prestixiona Lista IBBY de Oslo.

venres, 24 de febreiro de 2023

LA CHICA QUE PATINA Y EL TONTO QUE LA QUIERE, 2º C


Nesta novela de Andrés Guerrero, Miguel soña con ser debuxante de cómics e está namorado de África. Cando a viu por primeira vez pareceulle a moza máis guapa do mundo e os sábados deixaron de ser simplemente sábados para converterse en maravillosos sábados. África soña con gañar unha medalla olímpica e quere estudar bioloxía mariña. E a primeira vez que viu a Miguel...
Podemos ler xa e tamén seguir a guía de lectura.

luns, 13 de febreiro de 2023

LOS PEORES NIÑOS DEL MUNDO, 6º PRIMARIA

Aquí o libro máis vándalo de David Walliams, dez historias endemoniadamente divertidas e surrealistas sobre os dez nenos máis espantosos do mundo, nenos que ensinan aos seus piollos a facer cousas horrorosas, nenos que non deixan de furgar no nariz ata amasar o moco máis grande do mundo... Dende Blas o Babas (un mozo cunhas babas que o meten sempre en problemas) ata Sofía Sofá (unha súper fan da tele que de tanto sentar no sofá... convértese nun!).