sábado, 16 de marzo de 2019

BONE, 1º A+B

Tamén nos sumamos aos seguidores de Bone. Faremos un club de fans?

LOS PASOS DEL MIEDO, 1º D

Concha López Narváez ofrécenos dous relatos de misterio que nos farán revivir as sinistras experiencias dos seus personaxes.
Marta regresa á súa casa despois de cear cun grupo de amigas. Desde a cama na que tenta conciliar o sono advirte unha presenza inquietante... 
Elena sofre terribles pesadelos que se repiten noite tras noite, ameazando con facerse realidade...

domingo, 24 de febreiro de 2019

CRÓNICAS DE LA TORRE I, 4º


Laura Gallego acompañaranos nesta ocasión co primeiro libro das Crónicas de la Torre: El valle de los lobos.
Unha serie que relata a historia de Dana, unha moza nada para facer grandes cousas no campo da maxia, e a súa relación especial con  Kai, o seu amigo, o seu confidente, o seu protector…