Dende os clubs de lectura realizamos unha selección de lecturas, curtas e música que vos recomendamos neste día.
martes, 20 de novembro de 2018
luns, 22 de outubro de 2018
O PRINCIPIÑO, 1º A

O Principiño do aviador francés Antoine de Saint-Exupéry, é un conto filosófico que, baixo a aparencia dun conto infantil, aborda temas tan profundos como a vida, a morte, o amor, a amizade...
Algunhas actividades sobre a obra aquí. E para motivar a lectura tamén.
FENRIS EL ELFO; 2º A+B
É o cuarto libro de Crónicas de la Torre de Laura Gallego; unha serie que relata a historia de Dana e a súa relación especial con Kai, o seu amigo e protector.
Fenris é un elfo moi especial. Ten grandes poderes e, nas noites de lúa chea, unha forza inexplicable arrástrao ata convertelo nun ser asombroso. O amor por Shi- Mae e o seu enfrontamento con personaxes poderosos no Reino dos Elfos van determinar o seu futuro. Aquí comeza a súa viaxe ata a Torre, situada no Val dos Lobos.
xoves, 18 de outubro de 2018
mércores, 17 de outubro de 2018
O MEU PESADELO FAVORITO, 1º D
María Solar tráenos aquí a curiosa historia dun neno con febre e dunha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras, un alien que se move polos sumidoiros, un dinorrinco… Un pesadelo? Quizais un fermoso soño feliz.
luns, 15 de outubro de 2018
COS PÉS NO AIRE, 1º B
Agustín Fernández Paz coa breve novela Cos pés no aire guiará a primeira reunión deste grupo.
O protagonista desta narración é Daniel, un adulto solitario que non soporta a súa vida monótona e gris, e que malgasta o tempo tratando de non destacar entre o resto da xente. Un día, Daniel descobre que posúe unha calidade excepcional: pode voar, elevarse polo aire cando queira. Por unha banda, séntese exaltado e feliz e, por outra, teme que a súa singularidade o converta nun marxinado. Terá que idear múltiples estrataxemas para non ser descuberto, ata que a casualidade o pon en contacto con outras persoas como el.
Cos pés no aire é unha historia sobre as dificultades que poden ter as persoas que por algunha razón son diferentes, e sobre a necesidade de asumir esas diferenzas desde a propia valoración e a autoestima.
Guía de lectura
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





