O grupo de 4º decidiu comezar a actividade do club coa obra ¿Sobrevives?, de Fina Casalderrey.
¿Sobrevives? narra a historia de Moni, Francisco Sánchez Loiro, un mozo de dezasete anos que cursa dificultosamente os seus estudios de formación profesional. A súa reiterada mala conduta, as súas amizades sorprendentes e o seu resentimento oculto non deixan de abraiar continuamente a profesorado e compañeiros.
Con esta colección de relatos comezan 2º B e 3º B.
"Doído pola infidelidade da súa esposa, un vengativo sultán decide axusticiar cada día a unha muller ata que chega a quenda de Sahrazad que se nega a aceptar ese destino atroz.
Para aprazar a súa morte, Sahrazad resolve cativar a atención do rei unha noite tras outras con historias que as xentes de Oriente contaron durante moitos séculos.
Un apaixonante conxunto de historias cheas de nomes sonoros, viaxeiros que atravesaban ruínas fantásticas, princesas que cabalgan por extensos desertos, homes capaces de voar, xenios encerrados nunha botella..."
Os dous protagonistas deste libro son Jaime e Olga, dous mozos que teñen a súa primeira cita nun bar. Todo podería parecer en grao sumo habitual pero a súa conversación non é a máis típica xa que, o primeiro que fan é mostrarse os seus certificados médicos. Olga ten dezanove anos e meses atrás decatouse de que era seropositiva, algo que fixo que a súa vida rompese pero tomou unha decisión, aferrarse á vida e vivir ese amor tan necesario para ela, buscando a súa alma xemelga alí onde fose para poder compartir todo o tempo dispoñible. Jaime, por outra banda, escóndelle un segredo a Olga que mesmo pode esnaquizar as súas ilusións pero quen sabe, poden un pouco de abril, algo de maio e todo setembro cambiar as súas vidas para sempre? Como sabedes, xa se fixo a película. Aquí un aperitivo.
Se queredes, aquí podedes comezar a lectura. Na súa páxina persoal este autor regálanos cada mes un poema, un conto, relato etc..., ¡non deixedes de visitala!
O 4 de novembro, o club de adultos compartirá cea para para falar desta obra de Joël Dicker.
Ata que tivo lugar o Drama existían dúas ramas da familia Goldman: os Goldman de Baltimore e os Goldman de Montclair. Os Montclair, dos que forma parte Marcus, é unha familia de clase media que vive nunha pequena casa no estado de Nova Jersey. Os Baltimore, prósperos e aos que a sorte sempre sorriu, habitan unha luxosa mansión nun barrio da alta sociedade de Baltimore.
Oito anos despois do Drama, Marcus Goldman pon o pasado baixo a lupa en busca da verdade sobre o ocaso da familia.