Esta lectura foi inspiradora e espertou a imaxinación dunha das lectoras, Lucía.
venres, 7 de marzo de 2025
EL SUEÑO DE BERLÍN, 1B
Ana Alonso e Javier Pelegrín son os creadores desta novela.
Ana é unha adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cando Bruno, o seu compañeiro de clase, se decata do problema, tenta axudala. Con moito ímpeto, pero tamén con descoñecemento, animaraa a que se apunte á viaxe de fin de curso e poida cumprir un dos seus soños: visitar, en Berlín, a cabeza de Nefertiti.
Doutra banda, a vida familiar de Ana non está exenta de tensións. O seu pai anímaa para que sexa como as mozas da súa idade, mentres que a súa nai quere que se medique e sobreprotéxea.
Se queredes empezar a ler, podedes facelo aquí.
LA INCREÍBLE HISTORIA DE LA ABUELA GÁNSTER, 2A
Continuamos con Walliams. Houbo compañeiros de 1B encantados coa lectura e fixeron campaña.
xoves, 6 de marzo de 2025
CARTAS DE INVERNO, 3B
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.
A editorial tamén conta cunha guía de lectura.
E na biblioteca contamos, tamén, coa versión de Antonio Seijas en banda deseñada.
A editorial tamén conta cunha guía de lectura.
E na biblioteca contamos, tamén, coa versión de Antonio Seijas en banda deseñada.
REDES, 1AC
Rematado Invisible, había que continuar.
Unha reflexión do impacto que a curto e longo prazo pode ter e ten o consumo de algo que xa está na nosa vida diaria como unha adicción máis.
Frustración, ansiedade, acoso, tristeza, quizá sexan os sentimentos que máis se tratan nesta novela en contraposición ao que as redes sociais venden de maneira habitual: felicidade constante. Unha felicidade que vivimos a través de pantallas en lugar de traballala na vida real. Unha felicidade que se mide en likes, en interaccións e en comparacións coa vida doutras persoas.
E recordade, confiar en calquera é expoñerse a calquera.
sábado, 1 de marzo de 2025
MEDO, 4A
Hai veces na vida dalgunhas persoas en que de súpeto ocorre algo que o cambia todo. O medo. Medo a vivir. Medo a non soportar a vida. Medo a ter que facelo. Medo a non saber como. Medo ao medo.
Tamén trata dos celos. Os celos destrúennos por dentro. A miúdo, tamén por fóra. Os celos destrúeno todo. E sempre pagamos por eles un prezo demasiado alto. Como Eric, como Xenia, como Hugo. Porque aprender a vivir nunca é fácil.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)