Sonia Mirón acompáñanos con esta novela sobre Dani, un mozo que vive encerrado en si mesmo. Nos estudos é un desastre, a relación coa súa nai deixa moito que desexar e Sara, o amor da súa vida, nin se fixa nel. Que pode ocorrer para que todo isto se poña patas para arriba e o seu mundo comece a virar?
mércores, 29 de xaneiro de 2025
luns, 27 de xaneiro de 2025
GRITARÉ TU NOMBRE, 3C
Karole Cozzo traenos unha novela moi emotiva e cargada de sorpresas. A protagonista, Jordyn, sempre foi a irmá paciente e comprensiva, facéndose ao carón mentres o tempo dos seus pais consómese no coidado do seu irmán, Phillip, que ten autismo.
Agora Jordyn cambiouse a un novo instituto e sente que é a oportunidade que estaba a esperar para empezar de novo: está decidida a ocultar a existencia do seu irmán. Pero as mentiras teñen un custo e Jordyn non tarda en darse conta de que, se segue afastando a todo o mundo da súa vida para que non descubran o seu secreto, podería perdelo todo, incluído a Alex, por quen sente algo moi especial.
Como punto de partida para entender mellor a Phillip podemos ver:
- O documental “María y yo”, que trata a vida de María, filla do debuxante Miguel Gallardo.
- Esta magnífica película que conta a conmovedora historia, baseada en feitos reais, dun corentón con Síndrome de Asperger e unha nena de 8 anos.
venres, 17 de xaneiro de 2025
AIRE NEGRO, 3D
Agustín Fernández Paz mestura elementos dos xéneros fantástico e de terror para construír, en Aire negro, un thriller absorbente, que mantén a tensión ata a liña derradeira.
Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa prisión interior e comece a lembrar o seu pasado.
«Escríbao todo, reviva outra vez o que pasou. Escriba o que non é capaz de expresar con palabras en voz alta. Así irán collendo sentido as lembranzas que agora permanecen enmarañadas na súa memoria.» O doutor conseguirá que Laura rememore todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para destruírnos.
venres, 10 de xaneiro de 2025
YO ESTUVE AQUÍ, 4B
Os de 4º continúan con Yo estuve aquí de Gayle Forman
Cody cría sabelo todo acerca dao súa mellor amiga Meg, unha moza intelixente, admirada e cunha personalidade irresistible. Pero que a levou a un suicidio tan meticulosamente planificado?
Cody necesita entender, coñecer, reescribir a súa amizade. Iso é o que tenta cando se despraza á universidade de Tacoma a recoller as cousas de Meg. Unha viaxe que poñerá en dúbida todo cando cría saber sobre a súa amiga. Un camiño que a enfrontará a cuestións difíciles de soportar e que a levará ao límite de si mesma.
xoves, 9 de xaneiro de 2025
DÚAS MOEDAS, 2A
Nuria Tamarit acompáñanos con este cómic.
Mar, unha adolescente europea, viaxa ao Senegal na compaña da súa nai, quen traballa no proxecto de construción dunha biblioteca e unha emisora de radio nunha vila de agricultores e pescadores ao norte do país. Afeita ás comodidades e dinámicas do denominado primeiro mundo, a medida que se vai aclimatando aos ritmos e costumes do lugar, irá tomando conciencia de que a metade da súa equipaxe eran tópicos, prexuizos e descoñecemento. Sobre o terreo, Mar descubrirá unha cultura sensual e hospitalaria, unha paisaxe de beleza insólita e unha sociedade con problemáticas moi específicas e sometida a graves desaxustes políticos, pero tamén allea a moitas das nosas servidumes cotiás.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)