martes, 15 de outubro de 2024

O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE, 3D

Para tomar contacto co grupo, en 3º D elixiron esta novela policial e de suspense de Francisco Castro, que xira arredor das pescudas do inspector Hermida para atopar unha bebé roubada a unha rapaza inmigrante.
Un reto para un inspector sagaz, ante o caso máis difícil da súa carreira de investigador.

luns, 14 de outubro de 2024

LOS PASOS DEL MIEDO, 3A

Los pasos del miedo, de Concha López Narváez prométenos comezar con suspense, misterio e tensión.

O primeiro dos dous relatos que contén o libro ten un arranque inquietante, xa que nos sitúa no dormitorio dunha moza que detecta, polo perfume, a presenza dun intruso escondido no armario. O segundo aborda o tema dos soños premonitorios, esas verdadeiras obsesións que acaban condicionando as nosas vidas a modo de profecías  autocumplidas. Nos finais sorprendentes e inesperados, a traizón está presente, no primeiro por parte dun curmán da protagonista e no segundo por parte do propio marido que fai realidade o soño da súa muller para desfacerse dela.

Podemos ver algunha curta desta temática para complementar a lectura.



venres, 11 de outubro de 2024

EL HERRERO DE LA LUNA LLENA, 1B

Esta novela histórica, de María Isabel Molina, preséntanos a Yago de Lavalle, un mozo que domina os segredos da fragua e os metais, pero que se opón ás prácticas supersticiosas do seu gremio, os ferreiros. Como castigo por tal actitude, é obrigado a peregrinar a Santiago de Compostela. A aventura, o amor e o perigo serán só algún dos seus compañeiros de viaxe.

Facemos o camiño con Yago?

Conta cunha guía de lectura.

MENTIRA, 4A

Temos tan boas referencias, que decidimos comezar co primeiro da triloxía de Care Santos.
Xenia loita por sacar as mellores notas, pero ultimamente o seu rendemento académico está baixando. O que ocorre é que Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redor, senón dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa que comparte a súa paixón pola lectura.
Como o seu amor virtual non quere concertar unha cita, decide localizalo e presentarse ante el por sorpresa. Investigando, descobre que todo é mentira: nin a foto nin o nome do rapaz son reais. Cal é a verdadeira identidade da súa alma xemelga?
Plan lector aquí.
A ter en conta...
Recordade que esta novela forma unha triloxía xunto con Verdade e Medo, que tamén vos están agardando na biblioteca.

INVISIBLE, 2B

Eloy Moreno con Invisible narra, a través dos ollos dun neno, unha historia que podería ser a de calquera de nós.
O libro, ademais, é como un crebacabezas no que o lector non sabe que está a ocorrer ata que aos poucos todo vai tomando forma. Porque... quen non desexou algunha vez ser invisible e quen non desexou algunha vez deixar de selo?
En definitiva, un libro que trata o tema do  bullying desde unha perspectiva distinta: desde a da xente que mira e non actúa.
O autor ofrece incluso unha guía didáctica para traballar a lectura.

MARXINADOS, 2A

Estreámonos con Marxinados, de Pepe Carballude.
Trátase dunha historia de persoas que viven, dalgunha maneira, fóra do mundo. Pero que tamén queren cambialo.
Fálanos dunha estrela do baloncesto que termina traballando como educador no internado onde foi criado; aínda que tamén está alí chamado por unha historia de amor...

xoves, 10 de outubro de 2024

20.000 LEGUAS BAIXO DOS MARES, 1BC

 



Cando Verne ideou a construción do Nautilus, escribiu a Hetzel, o seu editor e amigo: «Asegúrolle que a súa arca estará mellor equipada que a de Noé».
Verne, que visitara xa os centros da Terra e do aire, quixo baixar aos abismos do mar. Imaxinou un personaxe épico, o atormentado capitán Nemo, un sabio desengañado da raza humana, que se move por unha desas obsesivas reivindicacións tan típicas da novela de aventuras: a xustiza implacable, non exenta de vinganza, e a humillación do adversario.

EL SÓTANO, 2C

Eliximos para as nosas reunións a Natasha Preston e El sótano. Se entras, atraparate... así nos anima a propia autora.
Catro mozas encerradas por un secuestrador. Elas son as súas flores, as súas perfectas e puras flores. Pero canto tempo poderán sobrevivir dentro do soto?

Aquí o primeiro capítulo

DIARIO DE GREG, 8. MALA SUERTE, 3B

Os deste grupo queremos saber máis de Greg, personaxe creado por Jeff Kinney e que protagoniza a sexta serie de libros máis vendida de todos os tempos. Por iso nos decidimos polo 8º libro da colección. 

Greg é un preadolescente que estuda a Secundaria. Encántanlle os videoxogos, o manga, o anime, os doritos, os cómics e xogar videoxogos. A súa preocupación maior é o seu nivel de popularidade.

 

Podemos comezar a lectura aquí e ver o trailer da versión cinematográfica de DIsney.

BONE, 4B

Comezamos cun antigo éxito nos clubs de lectura: Bone 1, Lejos de Boneville, de Jeff Smith. Elixida pola revista Time como unha das 10 mellores novelas gráficas de todos os tempos.
A historia de tres primos -Fone Bone, Phoney e Smiley- expulsados de Boneville e perdidos nun enorme e descoñecido deserto. Tras diversos incidentes reuniranse na cidade de Barrel Haven alleos á conspiración que se tece en torno a eles e sen percatarse de que as súas aventuras só acaban de comezar.

Como aperitivo, analizade nesta viñeta con que velocidade lles chega o inverno. Sorprenderanos a nós igual?

OLFATO DE DETECTIVE, 3C

 
Christine Nöstlinger consegue crear, con Olfato de detective, novela de misterio verosímil e adaptada ao seu público.
Aínda que o pareza, Yago non é irmán de Pups, Tete e Wuzi Zwoch, só é o neno da veciña. Pero a verdade é que pasa con elas máis tempo que na súa casa e, cando os Zwoch herdan o chalé dunha tía afastada, ten sentimentos atopados. Si, alégrase por elas… pero, por moi preto que estea a casa nova, xa non será o mesmo.
Con todo, non todo é como as irmás Zwoch soñan. A súa tía tiña moito diñeiro, iso sabíao todo o mundo, pero non aparece por ningunha parte. A casa está en moi malas condicións e os seus pais non poden permitirse restaurala. Por iso Yago, Pups, Tete e Wuzi póñense a buscar entre as cousas da anciá. O diñeiro ten que estar en algures!

xoves, 3 de outubro de 2024