POESÍA, PARA QUE...? Poesía para descubrir. Poesía para cantar. Poesía para contar. Poesía para gozar cos seus ritmos. Poesía para escoitar. Poesía para recitar. Poesía para dramatizar. Poesía para transformar. Poesía para coñecer e recoñecer. Poesía para imaxinar. Poesía para soñar. Poesía para enredar nas palabras. Poesía para rir e sorrir. Poesía para xogar. Poesía para representar. Poesía para debuxar. Poesía para compoñer. Poesía para ler en silencio e gozar talvez...
Os alumnos deste club comezan a ler Seis horas y unas gotas de sangre, de Blanca Álvarez.
Unha excursión á neve cun grupo de alumnos conflitivos pretende mellorar a convivencia entre eles e reconducir as súas vidas. Pero este "experimento" estrágase cando un alude os deixa sepultados nunha cabana e deben convivir en situacións extremas. Cando son finalmente rescatados, todos maduraron e aprenderon moitas cousas e profesores e alumnos enténdense mellor. Podedes ler as primeiras páxinas da novela e traballar coa guía de lectura se entrades aquí.