martes, 20 de novembro de 2012

ADULTOS


Criadas y señoras de Kathryn Stockett, La carretera de Cormac McCarthy e Los enamoramientos de Javier Marías foron as tres novelas que o club de adultos elixiu dende o verán ata hoxe.


En Criadas y Señoras, a autora concilia un interesante momento da recente historia Norteamericana, cunha serie de historias de mulleres, brancas e negras, que unen forzas para elaborar xuntas un proxecto que cambiara as súas vidas para sempre.
Ese proxecto (un libro) será o elemento que as una e que, ao final, faga que as protagonistas superen o peor para dar o mellor de si mesmas.



La carretera, novela galardonada co premio Pulitzer 2007, transcorre na inmensidade do territorio norteamericano, unha paisaxe arrasada polo que parece un holocausto nuclear.
A narración recrea a loita pola supervivencia dun pai e o seu fillo que se dirixen ao Sur fuxindo por unha estrada que percorre paisaxes desolados.



Novela que reflexiona sobre o estado de enamoramento que parece xustificar casi todas as cousas: as accións nobles e desinteresadas, pero tamén as maiores ruindades.





Ningún comentario:

Publicar un comentario