martes, 12 de marzo de 2013

¡VAICHE BOA!, 1º A

Vaiche boa de Paul Jennings. Unha morea de historias alucinantes que hai que gozar e ler con cautela: unha barra de labios que volve tolas ás rapazas, uns calzóns que proporcionan calidades prodixiosas a quen os pon, o esterco dun xardiñeiro afeccionado que produce unha praga de moscas, unha cola milagrosa que, despois de catro horas, deixa de funcionar. Un esqulete no retrete e osos que camiñan pola praia... Vaiche boa!

luns, 4 de marzo de 2013

CLUB ADULTOS

Na reunión do club de adultos do 1 de marzo, plantexáronse algunhas cuestións: é o álbum ilustrado literatura? e, aínda máis, é literatura para adultos?
A seguinte presentación de Gracia Santórum en Trafegando ronseis, pódenos aclarar moitas desas cuestións.

A próxima lectura para a reunión do 19 de abril será El lector de cadáveres de Antonio Garrido.