mércores, 27 de marzo de 2024

martes, 26 de marzo de 2024

EL SUEÑO DE BERLÍN, 1º A

Ana Alonso e Javier Pelegrín son os creadores desta novela.
Ana é unha adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cando Bruno, o seu compañeiro de clase, se decata do problema, tenta axudala. Con moito ímpeto, pero tamén con descoñecemento, animaraa a que se apunte á viaxe de fin de curso e poida cumprir un dos seus soños: visitar, en Berlín, a cabeza de Nefertiti. 
Doutra banda, a vida familiar de Ana non está exenta de tensións. O seu pai anímaa para que sexa como as mozas da súa idade, mentres que a súa nai quere que se medique e sobreprotéxea.

Que importante é a motivación, non si?
  
Conta tamén cun proxecto de lectura.
Se queredes empezar a ler, podedes facelo aquí.

sábado, 23 de marzo de 2024

venres, 22 de marzo de 2024

¡VAICHE BOA!, 3B

Vaiche boa de Paul Jennings. Unha morea de historias alucinantes que hai que gozar e ler con cautela: unha barra de labios que volve tolas ás rapazas, uns calzóns que proporcionan calidades prodixiosas a quen os pon, o esterco dun xardiñeiro afeccionado que produce unha praga de moscas, unha cola milagrosa que, despois de catro horas, deixa de funcionar. Un esqulete no retrete e osos que camiñan pola praia... Vaiche boa!

xoves, 21 de marzo de 2024

UNHA ESTRELA NO VENTO, 3ºC

O grupo de lectura de 3° C analizou o cambio das letras das cancións no tempo. Así, despois de ler "Unha estrela no vento", escoitaron as cancións que introducen algúns capítulos,  para comparalas coas música que eles mismos escoitan.



martes, 19 de marzo de 2024

PEQUEÑAS COSAS, 2CD

 
Esta xoia de Mel Tregonning ocupará as reunións deste club que encherán esas páxinas de palabras. A ver que tal se lles dá.
Pequeñas cosas é a historia dun neno que ten medo do mundo, medo da soidade, medo das persoas..., un neno como calquera outro, nun mundo como o noso.
Sen palabras, só a través de imaxes, Pequenas cousas narra a historia dun neno que se sente só fronte aos seus problemas, pero que aos poucos entenderá que a axuda que necesita non está tan lonxe como cre.
Podemos empezar a "ler" aquí.
Tamén pode axudar esta montaxe que en cursos pasados realizaron outros lectores dos clubs.

xoves, 14 de marzo de 2024

RECINTO GRIS, 4A

Continuamos con Ledicia Costas en Recinto Gris.

Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exercito adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.

Material complementario.

xoves, 7 de marzo de 2024

mércores, 6 de marzo de 2024

EL AMOR ES DEMASIADO COMPLICADO, 1B

Andrés Guerrero conseguiu plasmar a dualidade do amor, a simpleza e complexidade dun mesmo sentimento, nunha serie de viñetas e historias curtas que fan que nos sintamos identificados.
Está compilación fala das barreiras físicas que son só iso: físicas, que non impiden que os sentimentos afloren. Tamén fala de amores non correspondidos ou do correspondidos pero aínda non recoñecidos, e de amores equivocados. Por suposto non podería deixar de lado os amores dixitais, que nacen nas  apps de  ligoteo que todos coñecemos.