viernes, 21 de marzo de 2014

RECOMENDAMOS

Aproveitando a data, recomendamos unha novidade que sabemos vos vai gustar: Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.
Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un album secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion & cool & chic & sexy.

jueves, 20 de marzo de 2014

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA


O blog da biblioteca informa do recitado que farán profesores e alumnos en Secundaria; así como da participación dos de Infantil e Primaria que virán recitar poemas aos maiores.
Ademais tamén nos propón lecturas:
Para saber máis...

sábado, 15 de marzo de 2014

CLUB ADULTOS

Para o 25 de abril: El increíble viaje del faquir que se quedó atrapado en un armario de Ikea, de Romain Puértolas.
   
Romain Puértolas (1975, Montpellier) foi DJ, profesor de idiomas, tradutor, auxiliar de voo, empregado de Aena, asesor da policía francesa en temas de inmigración ilegal, inspector de policía... e tamén escritor.
Nesta novlea, escusándose nunha comedia disparatada dun faquir indio que decide coller un voo desde a India a París e comprarse una cama de quince mil cravos en Ikea; Romain Puértolas vai fraguando una viaxe que ten como único destino retratar a insolidariedade e hipocrisía occidental. E, aínda que se trata da súa primeira novela, hoxe é número un nas listas dos máis vendidos e finalista en premios literarios de renome.
A crítica xa se rendeu aos seus pés:
«Mágico y desternillante.»
Paris Match

«Una primera novela para morirse de risa. Estas tribulaciones están escritas con virtuosa gracia y, como lo hilarante casa con lo instructivo, también tenemos un fiel retrato de la Europa de Schengen que trata mejor a los armarios desmontables que a los inmigrantes ilegales desorientados.»
Le Nouvel Observateur

«Un cuento, una farsa, pero también una sátira del mundo moderno que se lee entre carcajadas.»
Le Figaro Magazine

«Esta novela es una joyita de humor, una invitación a la tolerancia, un cuento de hadas.»
Livres Hebdo

«Romain Puértolas hará que os desternilléis de risa.»
Elle

«Una historia genial en la que uno se ríe a carcajadas de principio a fin. No hay nada igual. Todas las personas que la recomiendan dicen: ¡Ah, el faquir, un libro genial!» 
Radio France Culture

«El libro más divertido del momento y, por si fuera poco, una reflexión sobre la suerte que corren los inmigrantes ilegales.»
Radio RTL

viernes, 14 de marzo de 2014

lunes, 10 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA

Recordamos que durante esta semana, se nos achegamos á biblioteca, poderemos ver e ler distintos tipos de publicacións:
LUNS 10: PRENSA DEPORTIVA
MARTES 11: PRENSA XERAL 
MÉRCORES 12: DIVULGACIÓN
XOVES 13, VENRES 14: OCIO E TEMPO LIBRE 
TODOS OS DÍAS: PRENSA DIXITAL E EXPOSICIÓN PRENSA INTERNACIONAL
Se queredes saber máis, xa sabedes, Biblogcaniza.

jueves, 6 de marzo de 2014

EN QUE POSTO ESTAMOS?

As cores indican o tempo de lectura semanal promedio que dedican os cidadáns a ler.
Os países asiáticos van á cabeza (na India o promedio semanal é de máis de 10 horas) e España queda na parte alta dos países nos que menos se le, con algo menos de seis horas á semana.
Empregaremos as mesmas horas en ver a televisión? E en falar polo móbil?