luns, 30 de xaneiro de 2023

EL FARO DE LOS ACANTILADOS, 2º B

José Luis Martín Nogales soubo empregar moi ben os seus coñecementos como profesor de Literatura, para trenzar a trama desta novela. Nela aproveita o desenvolvemento dos acontecementos, para levar aos lectores a obras literarias clásicas.
Nun pequeno pobo do norte, mentres o país se atopa sumido en plena Guerra Civil, un mestre desaparece sen deixar rastro. Os seus alumnos, Branca, Yago, Fátima e David, non se resignan á ausencia e comezan a súa procura, sen ser conscientes de onde se meten.
Un caderno con escritos do mestre, os seus libros con anotacións e o misterioso farero achegarán pistas. A través dos libros irán coñecendo ao que era o seu mestre e serán seducidos polo rumoreo da literatura.
Para contextualizar axudará este vídeo.

mércores, 11 de xaneiro de 2023

EL PRÍNCIPE DE LA NIEBLA/LA ABUELA GÁNGSTER, 1º A+D

Como non temos exemplares para todos, imos experimentar levando dous libros á vez: La increíble historia de la abuela gánster de David Walliams e El príncipe de la niebla de Ruíiz Zafón.
Que sairá de aquí?

 
 
Guías lectura: El príncipe..., La abuela...
Recordade que o de Walliams está en E-lbe.2, se esquecestes acceso e contrasinal pedídello ao voso coordinador.

martes, 10 de xaneiro de 2023

LA HISTORIA DE JULIÁN, 2º ESO D


Esta é a continuación de La lección de  August, na que se narra a mesma historia dese famoso neno de fronte  deformada, pero desde a perspectiva do seu  antagonista: o «matón» do colexio, Julian.

La historia de Julian trata sobre o neno que peor se porta con  Auggie. Non soporta velo, non soporta que sexa amigo de Jack, non soporta que estea no seu colexio... e non é capaz de darse conta do impacto que os seus actos poden ter nos demais.

Podemos empezar a lectura xa.

EUROPA EXPRESS, 3ºA

Europa Express, da escritora coruñesa Andrea Maceiras, é unha novela que plantexa unha viaxe de interrail que sete mozos fan ao remataren o segundo curso de bacharelato. A traxedia sufrida por un deles, Xacobe,  e as dúbidas sobre a súa morte latexan no máis íntimo das personaxes dez anos despois, especialmente nos casos da parella formada por  Nico e Aroa. Novela de perfil psicolóxico, cunha estrutura orixinal artellada con dificultade, que amosa certos coñecementos sobre o vello continente, non exenta de tópicos e cun final sorpresivo aínda que algo confuso.


COMO NON LER?


Gianni Rodari, na súa obra “La escuela de la fantasía”, aporta unha clara e interesante reflexión acerca de cómo podemos contribuír a que os nenos detesten a lectura. Fai unha clasificación en nove apartados que sinalamos de seguido.

  1. Presentar o libro como unha alternativa á televisión.
  2. Presentar o libro como unha alternativa á historieta.
  3. Dicirlles aos nenos de hoxe que os nenos doutra época lían máis.
  4. Considerar que os nenos teñen demasiadas distracións.
  5. Botarlle a culpa aos nenos se non aman a lectura.
  6. Transformar o libro nun instrumento de tortura: ás veces, hai tarefas coas que imos engadindo dificultades á lectura en lugar de facilitala. Fan que o libro de lectura deixe de ser divertido, deixe de interesar, de conmover. O libro que entra na escola como un esquema de rendemento escolar, non se converte en algo fermoso, senón en algo que serve ao mestre para expresar un xuízo.
  7. Negarse a lerlle ao neno.
  8. Non ofrecer unha opción suficiente.
  9. Ordenar ler.

O que temos é que crear as condicións para que os nenos lean. O amor á lectura non é unha técnica é algo moito máis interior vinculado á vida.


luns, 9 de xaneiro de 2023

AMEAZA NA ANTÁRTIDA, 1º B

 
Con esta novela de aventuras de Ramón Caride, ilustrada por Miguelanxo Pradocontinúan os de 1º B.
Said e Sheila, os dous irmáns do futuro que xa protagonizaran Perigo vexetal (premio Merlín, 1995) e O futuro roubado, viven aquí unha nova e inquietante aventura. Todo comeza cando descobren unha estraña mortandade de peixes no río que hai preto da súa casa. A procura das causas do desastre ecolóxico lévaos ó descubrimento dun terrible plan promovido por Anatoly Koprissos, un multimillonario grego que pretende dominar o mundo mediante a enerxía nuclear.

O proxecto de lectura de Xerais sempre nos pode axudar.

E podemos aproveitar a lectura para ir ao pasado máis próximo: só hai 20 anos do desastre do Prestige. Recordemos.