venres, 26 de xaneiro de 2018

OS MÁIS LIDOS DO 2016-2017

Como cada curso, a Asesoría publica en Ler en mancomún unha estatística froito da análise das actividades dos 243 clubs de lectura que recibiron axudas na convocatoria 2016-17.
Recolle os 50 títulos máis lidos nos Clubs de lectura e en datas próximas darase a coñecer, así mesmo, a relación de autores e autoras máis lidos, de cara á concesión do Premio dos Clubs de Lectura que se vén concedendo desde 2014 e que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas e Miguelanxo Prado.

ENDEREZO DESCOÑECIDO, ADULTOS

Despois de escoitar aos alumnos de 4º A, decidimos imitalos e seguir as súas recomendacións.

xoves, 25 de xaneiro de 2018

ASÚSTATE MERCHE!, 3º A+B


Esta historia de Fina Casalderrey iníciase cando, a través dunha nota necrolóxica nun xornal, Auria descobre unha terrible e misteriosa razón que a empuxa ó suicidio. Por medio de Merche, o diario de Auria, e dun narrador revivimos unha viaxe por Europa. O presente e o pasado avanzan paralelos. Os capítulos do pasado van dando claves para descifrar a situación actual. O descubrimento do amor, o sexo, o aborto, a amizade, os estudios, as relacións familiares... xorden dese fío argumental que resulta ser a viaxe.

luns, 15 de xaneiro de 2018

TAMÉN CREAMOS

A lectura de Memorias dun neno labrego produciu algunha ilustración e tamén reflexións.
Un exemplo:
Javier Collazo, 3º C
"Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da Literatura Galega.
O libro trata dun rapaz chamado Balbino que vive nun pobo de Galicia. Balbino é un rapaz que pertence a unha familia pobre e o libro relata os sucesos que lle ocorren ao neno nun entorno de inxustiza.
O meniño é moi desgrazado: ten que andar descalzo ou coas roupas rotas e todo lle sae do revés. Por iso, vendo como un amigo marcha cara a América, decide deixar todo atrás."
                                                                         David Rodríguez, 3º C

mércores, 10 de xaneiro de 2018

ELLOS, 3º C


César Fernández García lévanos a Formentera, un lugar no que non hai delincuentes, a illa máis segura do Mediterráneo. Así o aseguran os seus orgullosos veciños.
Por iso, cando a Paloma, unha moza de 20 anos, o cardiólogo lle recomenda descansar, ten moi claro que a casa da súa tía Teresa, en Formentera, será o lugar ideal.
Con todo, aos insulares non lles gustan os forasteiros e, menos aínda, persoas como Paloma, que poden converter a illa nun auténtico inferno. Por que?



DÍA DA PAZ

Recomendamos lecturas para conmemorar esta data.
E outras opcións aquí

martes, 9 de xaneiro de 2018