martes, 26 de febrero de 2019

MEDO, 3º

Despois de Mentira e Verdade de Care Santos, agardabamos a continuación con interese.
Hai veces na vida dalgunhas persoas en que de súpeto ocorre algo que o cambia todo. O medo. Medo a vivir. Medo a non soportar a vida. Medo a ter que facelo. Medo a non saber como. Medo ao medo.
Tamén trata dos celos. Os celos destrúennos por dentro. A miúdo, tamén por fóra. Os celos destrúeno todo. E sempre pagamos por eles un prezo demasiado alto. Como Eric, como  Xenia, como Hugo. Porque aprender a vivir nunca é fácil.

domingo, 24 de febrero de 2019

CRÓNICAS DE LA TORRE I, 4º


Laura Gallego acompañaranos nesta ocasión co primeiro libro das Crónicas de la Torre: El valle de los lobos.
Unha serie que relata a historia de Dana, unha moza nada para facer grandes cousas no campo da maxia, e a súa relación especial con  Kai, o seu amigo, o seu confidente, o seu protector…

jueves, 14 de febrero de 2019

O NENO CO PIXAMA DE RAIAS, 2º C




Este grupo está lendo El niño con el pijama de rayas do autor irlandés John Boyne, novela da que se rodou unha famosa película.
Se queredes ir ao trailer da pelicula podedes seguir este enlace.

Se estades interesados en obter información e imaxes sobre como era a vida nos campos de exterminio, recomendámosvos que visitedes esta páxina, da que procede a fotografía deste neno encerrado no cárcere do guetto de Varsovia esperando a ser deportado ao campo de Chelmno.
¿Sabiades que durante a II Guerra Mundial había campos de concentración e exterminio só para nenos?
Se a estas alturas aínda non sabedes que é un campo de exterminio, lugar onde se desenvolve a acción da novela escollida polo Club de Lectura, é hora de preguntarllo ao voso profesor de sociais ou audir de novo a outro enlace de internet.

miércoles, 13 de febrero de 2019

CALIGRAMAS DE 1º A+B

Fixemos un pequeno descanso nas nosas lecturas para coñecer, reler e interpretar os poemas de Rosalía de Castro convertíndoos en caligramas.
Participamos con eles no concurso que convoca Dinamización Lingüística.
Algunha mostra...
Nuria Rodríguez Soalleiro, 1º B

Fátima Cerviño, 1º B

Sara Rodríguez Outerelo, 1º B


Alba Raña, 1º B

Natalia Troncoso Soares, 1º B

Jimena Alves Da Cuña, 1º A

Noelia Carballo Rivas, 1º A

miércoles, 6 de febrero de 2019

RECOMENDACIÓNS


O MEU PESADELO FAVORITO: Reseñas

"Recomendo este libro porque é moi divertido, nunca sabes que vai pasar. Conta a historia dun neno chamado Manuel que ten febre e empeza a soñar cousas estrañas e o final é moi inesperado."
"A tenda dos olores"
                                                                        
                                                                                                                    Paloma Oliveira 1ºD


"É un libro moi interesante porque fala dun rapaz que ten febre e ten un pesadelo ou mellor dito un soño dentro doutro soño e outro dentro deste. Gustoume moito porque fala de durmir, non ir á escola e de seres estraños."


"O laboratorio do doutor"
                                                                                                           Andrea  Pedrosa 1ºD (texto)
                                                                                                           Julio Castro 1ºD (Ilustración)