jueves, 21 de diciembre de 2017

NADAL 2017

Profesores e alumnos do club de lectura aproveitamos a ilustración de Mila Marquis para desexar a todos unhas boas festas.

lunes, 11 de diciembre de 2017

LA CASA DE LOS ESPÍTITUS, ADULTOS

Esta primeira novela de Isabel Allende narra a historia da poderosa familia de Esteban Trueba. O déspota patriarca  construíu, con man de ferro, un imperio privado que empeza a cambalearse a raíz do paso do tempo e dunha contorna social explosivo.
Finalmente, a decadencia persoal do patriarca arrastrará aos  Trueba a unha dolorosa desintegración.
Aquí recollemos unha das últimas entrevista da autora.

lunes, 4 de diciembre de 2017

A PIRAGUA, 1º A+B

Cándido Pazó unha das figuras máis  reseñables do panorama teatral galego, explora cunha visión sutil e diferenciadora, que se afasta conscientemente de tese  moralistas, un problema social de crecente relevancia: a violencia de xénero.
Podemos aproveitar a selección de cancións que os de 3º realizaron para o 25 de novembro.