venres, 29 de abril de 2022

EL VIAJERO PERDIDO, 2ºBC+3º

Unha viaxe chea de aventuras, onde César Mallorquí mestura a realidade e a ficción da forma máis inesperada.
Un mozo namorado, un amigo escritor, un  ladrón budista, unha feiticeira de feira, tres  hippies, un cego que adiviña o futuro, bailarinas con voz de serea, un mafioso chosco...
Felix está metido no maleteiro dun coche, e non cabe dúbida de que o van a matar. E  como chegou ata  aquí? Pois ninguén llo vai a crer, pero o que  empezou sendo unha viaxe en busca do amor e o destino acaba converténdose nunha odisea.

martes, 26 de abril de 2022

PREMIO CLUBS LECTURA 2022

Co gallo da celebración do Día do Libro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade , fai pública a Resolución de 22 de abril de 2022 pola que se recoñece a Antía Yáñez co Premio dos Clubs de Lectura 2022. 

luns, 18 de abril de 2022

HISTORIAS PARA CALQUERA LUGAR, 1º ESO C

Despedimos a temporada con esta colección de relatos.

Cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, onde se mesturan a intriga, o humor e a emoción; historias que atrapan sen remedio a atención de quen as le.

A CASA DO MEDO, 2º ESO A

Comezamos con este libro de Agustín Fernández Paz.
O narrador desta historia, un home adulto, regresa á vila na que transcorreu a súa infancia, asociada na súa memoria a unha traumática experiencia vivida daquela. Decidido a saldar dunha vez por todas as contas co pasado, relata o que lle aconteceu tras quedar pechado no enigmático caseto que espertaba os temores da cativada de Valverde. Para volver reunirse cos seus e abandonar ese lugar de encerro, o protagonista terá que superar as probas do cruel Señor das Serpes e lograr regresar con vida da Illa da Lúa.
Un relato que nos interna nunha aventura marcada polo medo e unha tensión que se intensifica consonte van avanzando as páxinas.

mércores, 6 de abril de 2022

OS MÁIS LIDOS POLOS CLUBS NO 20-21

Como en anos anteriores, trala revisión das memorias dos Clubs de lectura do curso 2020/2021, pódese coñecer a relación dos 50 títulos máis lidos polos clubs nese período.

venres, 1 de abril de 2022

O CORAZÓN DE BRANCA DE NEVE, 1º ESO D

Mergullámonos na historia policial e de suspense de Francisco Castro, que xira arredor das pescudas do inspector Hermida para atopar unha bebé roubada a unha rapaza inmigrante.
Un reto para un inspector sagaz, ante o caso máis difícil da súa carreira de investigador.