jueves, 31 de octubre de 2019

ENDEREZO DESCOÑECIDO, 3º C

Despois dos contos de medo cos que empezamos, xa temos nova elección.
Enderezo descoñecido de Kressmann Taylor conta a sorprendente historia de Max (xudeu) e Martin (alemán) dende o momento en que este último retorna ao seu país, coincidindo co ascenso do partido nazi.
Esta obra, que representa unha das máis estarrecedoras arengas contra o nazismo, publicouse por primeira vez en 1938 e chegou a estar na lista de libros prohibidos do Reichskommisar.
A autora reflectiu a realidade política e social da Alemaña nazi e baseouse nunha historia real que lle contaron acerca duns íntimos amigos (un xudeu e outro alemán), que se distanciaron por motivos políticos, quedando a súa vella amizade rota para sempre.
Aquí temos a Fran Alonso facéndonos a súa recomendación persoal.

martes, 29 de octubre de 2019

OBRADOIRO DE CONTOS DE MEDO

Comezamos con excursións!!!
O xoves 24 visitamos o Museo Etnolóxico de Ribadavia para realizar un taller sobre contos de mortos, aparecidos, santa compaña...
Compartimos co alumnado dos IEs da Cañiza e Ribadavia e combinamos análise, creación  e reinvención. Puxo o peche a actuación de Brais das Hortas.


 





lunes, 21 de octubre de 2019

ORGANIZÁMONOS



Estamos case a punto e xa distribuímos os grupos:
  • Irene - 1º A+C
  • Esther - 1º B
  • Esther - 2º A
  • Pablo - 2º B
  • Elena - 2º C
  • Ana Ocampo - 3º A+B
  • Belén - 3º C
  • Conchi - 4º A+B
Como contamos con que haxa baixas, estes grupos poderán modificarse segundo as necesidades.
Os profesores que correspondan irán avisando das horas de reunión.