domingo, 18 de decembro de 2016

NADAL 2016

Os lectores e profesores do club desexamos un BO NADAL para todos.
E xa sabedes... pedide nas vosas cartas aos Reis moitos libros; sempre veñen cargados de ilusións.
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEisZmO7WtpjIYwnVAD6GrPj20GwGDZ3FNiZJDpRxVUBLTGDXA5wbVim8im2aOebOQ-1VroIEE0_F9o4AhAlW1YDLnp2ZslHBvJ2IyA-Wf0DxUuaYsHu8wWYIJpYHlUYEyCE1VZ3o9ImfMJ0/s320/LIBRO.gif

venres, 16 de decembro de 2016

LA LECCIÓN DE AUGUST, 4º

Imos pola segunda lectura con La lección de August de R. J. Palacio.
Con ela comezamos un experimento, no que vai ser un alumno o que dirixa as sesións.
Como sairá a cousa? Non ten que saír mal! Seguimos sendo os mesmos e moi dispostos á lectura.
 Resultado de imagen de la lección de august 
August sae pouco, pero este ano todo vai cambiar; vai ir, por primeira vez, á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida: crecer na adversidade, aceptarse tal como é, sorrir aos días grises e saber que, ao final, sempre atopará unha man amiga.
Podemos empezar a ler aquí.

xoves, 15 de decembro de 2016

Martes, de 9 a 12.


Imagen relacionada
Martes, de 9 a 12 es una novela breve del escritor barcelonés Jordi Serra i Fabra. En sus páginas leemos la crónica de un secuestro express visto desde distintas perspectivas. Tenemos de un lado a la víctima, Gabriel, un joven de 18 años que pertenece a una familia adinerada, los Valle. También asistimos como testigos a las conversaciones de sus captores y a las angustias de su novia, Mariasun,  familiares y amigos. El ritmo de la narración es vertiginoso y la resolución, sorprendente.

Dejamos que sean los propios lectores de 3º C quienes nos transmitan sus impresiones sobre la novela:

"No puedes parar de leer, tres horas de continua acción" (Lucía Afonso)
"El autor intenta que el lector descifre el misterio de quién fue el causante del secuestro. Hace que te metas en la historia" (Sergio López)
"Es una historia que hace que te identifiques con todos sus personajes" (Daniel Gallego)
"A veces el culpable es la persona menos esperada". (Ana Rodríguez)
"Hay un capítulo que es una mierda, literalmente: el protagonista se hace sus necesidades encima".  (Ana Rodríguez)


mércores, 14 de decembro de 2016

ESCARLATINA..., 1º B+C+AULA PT

Nada máis comezar a funcionar, este club aumentou en número de lectores ao contaxiar a algúns alumnos da aula PT.
 
Unha vez rematado Bone, será Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas, a que os faga "cociñar" ideas, contidos, tramas, sorrisos... e tamén pratos exquisitos nas vindeiras semanas.

Román é un neno de 11 anos que naceu o día de defuntos. Perdeu ao seu avó e, por culpa da crise, algún dos costumes da súa vida. Polo seu aniversario recibe un inesperado agasallo. Empeza aquí o seu contacto co inframundo. Escarlatina, unha pequena virtuosa da cociña falecida no século XIX lévao ao máis aló, e xuntos deberán elaborar a receita perfecta para vivos e mortos.

A editorial, Xerais, ofrécenos incluso unha guía de lectura.

domingo, 11 de decembro de 2016

HUMOR DE LIBRERÍAS

Librería Lello; Porto
Unha lista de frases "curisosas" de clientes de librerías:
  • Un señor levou escrito o título e o autor que desexaba: "Jamle" de Sespi (Hamlet, Shakespeare).
  • Un señor quería comprar "El Quijote" e, á pregunta sobre se desexaba algunha edición en particular, contestou que lle bastaba con que fose de bo autor.
  • Unha señora pediu o libro de "Míster Proper". Ante a sorpresa do libreiro, a señora aclarou, cun toque de impaciencia, que se trataba do libro do neno meigo ese, o das películas (Harry Potter, J. K. Rowling).
 Vía: Quelibroleo