venres, 29 de outubro de 2021

MEMORIAS DUN NENO LABREGO, 1º ESO D

Neste grupo elixiron Memorias dun neno labrego de Neira Vilas.
O libro recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe
 "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...] Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morrren os paxaros".
No vídeo, o propio autor conta ao alumnado do CPI A Picota como se inspirou para crear o personaxe de Balbino.

luns, 25 de outubro de 2021

BONE, 1º ESO A

Comezamos cun antigo éxito nos clubs de lectura: Bone 1, Lejos de Boneville, de Jeff Smith. Elixida pola revista Time como unha das 10 mellores novelas gráficas de todos os tempos.
A historia de tres primos -Fone Bone, Phoney e Smiley- expulsados de Boneville e perdidos nun enorme e descoñecido deserto. Tras diversos incidentes reuniranse na cidade de Barrel Haven alleos á conspiración que se tece en torno a eles e sen percatarse de que as súas aventuras só acaban de comezar.

Como aperitivo, analizade nesta viñeta con que velocidade lles chega o inverno. Sorprenderanos a nós igual?

mércores, 20 de outubro de 2021

POR FIN!!!

Isto vai collendo cara!!!!

Oito profes, oito grupos e o de adultos que parece que esperta por contaxio. Xa fixemos as reunións para elixir as primeiras lecturas e iniciamos cunha distribución que sabemos mudará ao longo do curso:

  • Elena: 1º A - Bone.
  • Cristina: 1º B - Pequeñas cosas.
  • Katia: 1º C - Esmeraldina.
  • Antía: 1º D - Memorias dun neno labrego.
  • Gabriela: 2º A - Invisible.
  • Esther: un mix de alumnos de 2º B, 2º C, 3º B e 3º C - Asterix e Cleopatra.
  • Xoán: 4º A - Enderezo descoñecido.
  • Conchi: 4º B - O círculo escarlata.
  • Adultos: Los días perfectos de Jacobo Bergareche.
Estamos entusiasmados coa resposta e non queremos perder a ninguén polo camiño. A ver se o conseguimos.

luns, 18 de outubro de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS, 2021

"Ler as idades da vida" é o lema deste ano, co que reivindicar o legado das escritoras a través da historia. E para visibilizar a obra das nosas escritoras, aquí unha recompilación.