luns, 24 de febreiro de 2014

PELEXANDO COS BORRADORES

Aínda que seguro pensades que non vos fan falla estas recomendacións, calquera dos vosos profesores de linguas ha pensar o contrario.
Por que haberá que pelexar tanto para que vos afagades ao emprego dos borradores? Por que vos creredes tocados pola variña máxica da inspiración creadora?

venres, 21 de febreiro de 2014

DÍA DE ROSALÍA, 24 DE FEBREIRO

  
Lembramos á nosa escritora coa exposición da entrada e cos marcapáxinas, deseño de Xabier de Lingua Galega, que a biblioteca ofrece co préstamo.
Achegádevos para coñecer un pouquiño máis a Rosalía. Para ir empezando, aquí tedes o facsímil de Follas Novas.
Máis recursos no blog da biblioteca.

domingo, 16 de febreiro de 2014

E NON TODO VAI SER LER!

Hoxe iniciamos unha serie de entradas con consellos para mellorar a competencia escrita.
Seguro que non nos virán mal!!!

xoves, 6 de febreiro de 2014

EL CURIOSO INCIDENTE DEL PERRO A MEDIANOCHE, 3º +4º

Copiando ao club de adultos, a próxima lectura do noso club é "El curioso incidente del perro a medianoche" de Mark Haddon.

Christopher é un rapaz con síndrome de Asperger que vive co seu pai en Swindon. Unha noite descobre o cadáver de Wellington, o caniche da súa veciña. Christopher decide investigar o caso, pero a súa investigación verase gravemente limitada polos seus temores e dificultades á hora de interpretar o mundo que o rodea. Durante a súa investigación, Christopher verase forzado a entrar en contacto con xente con quen nunca se relacionou, a pesar de que viven na súa mesma rúa.

sábado, 1 de febreiro de 2014