viernes, 21 de diciembre de 2018

NADAL 2018

Profesores e alumnos do club de lectura aproveitamos a ilustración de Bill Sanderson para desexar a todos unhas boas festas.

lunes, 3 de diciembre de 2018

VERDADE, 4º

Terminada a primeira parte, imos pola segunda.
Despois de ser absolto do cargo de asasinato, do que fora inxustamente acusado con 14 anos, e de demostrar a súa inocencia, Éric sae do Correccional de Menores. Con todo, a reinserción nunha sociedade cargada de prexuízos vaille resultar aínda máis dura.
Xenia axudoulle a superar unhas barreiras que lle parecían infranqueables, pero será o amor unha forza suficiente para superar as dificultades agora?

WONDER, LA LECCIÓN DE AUGUST - 1º A

Comezamos a lectura de La lección de August de R. J. Palacio.
August sae pouco, pero este ano todo vai cambiar; vai ir, por primeira vez, á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida: crecer na adversidade, aceptarse tal como é, sorrir aos días grises e saber que, ao final, sempre atopará unha man amiga.
Podemos empezar a ler aquí ou descargar unha guía de lectura.