luns, 22 de abril de 2024

SUBNORMAL, 2D

Este club quixo crear, a partir desta lectura, un abecedario sobre as condutas ás que hai que poñerlle freo. 
SUBNORMAL, CONTRA O ACOSO de MEPP

venres, 12 de abril de 2024

LAS AVENTURAS DE LUCKY LUKE, 3B

Volvemos ao cómic da man dun clásico, Lucky Luke. Trátase dunha serie de historietas belga, parte parodia e parte tributo ao mítico Oeste, protagonizada polo vaqueiro homónimo. Creada polo debuxante belga Morris en 1946 contou con múltiples guionistas, entre os que se conta René Goscinny. Despois de Tintin e de Astérix, Lucky Luke é o cómic máis popular de Europa continental.

DÍA DO LIBRO, 2024

Curtametraxe da francesa Julia Simeón, realizadA orixinalmente en 3D, cun estilo de conto de fadas. É unha homenaxe á lectura e aos mundos que recreamos a través dela. A protagonista e o seu gato transformarán unha cabana nun palacio de xogos.

mércores, 10 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

Recursos, exposicións, concursos... moito que ver e facer na biblioteca. Estade atentos ao que se publica no blog. Picade no imaxe.

luns, 8 de abril de 2024

TRESCATORCEDEZASÉIS, 4AB

 Agora, Rocío Leira tráenos.


«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e, dende ese intre, terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor. Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas. Comeza o xogo!

mércores, 27 de marzo de 2024

martes, 26 de marzo de 2024

EL SUEÑO DE BERLÍN, 1º A

Ana Alonso e Javier Pelegrín son os creadores desta novela.
Ana é unha adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cando Bruno, o seu compañeiro de clase, se decata do problema, tenta axudala. Con moito ímpeto, pero tamén con descoñecemento, animaraa a que se apunte á viaxe de fin de curso e poida cumprir un dos seus soños: visitar, en Berlín, a cabeza de Nefertiti. 
Doutra banda, a vida familiar de Ana non está exenta de tensións. O seu pai anímaa para que sexa como as mozas da súa idade, mentres que a súa nai quere que se medique e sobreprotéxea.

Que importante é a motivación, non si?
  
Conta tamén cun proxecto de lectura.
Se queredes empezar a ler, podedes facelo aquí.

sábado, 23 de marzo de 2024

venres, 22 de marzo de 2024

¡VAICHE BOA!, 3B

Vaiche boa de Paul Jennings. Unha morea de historias alucinantes que hai que gozar e ler con cautela: unha barra de labios que volve tolas ás rapazas, uns calzóns que proporcionan calidades prodixiosas a quen os pon, o esterco dun xardiñeiro afeccionado que produce unha praga de moscas, unha cola milagrosa que, despois de catro horas, deixa de funcionar. Un esqulete no retrete e osos que camiñan pola praia... Vaiche boa!

xoves, 21 de marzo de 2024

UNHA ESTRELA NO VENTO, 3ºC

O grupo de lectura de 3° C analizou o cambio das letras das cancións no tempo. Así, despois de ler "Unha estrela no vento", escoitaron as cancións que introducen algúns capítulos,  para comparalas coas música que eles mismos escoitan.



martes, 19 de marzo de 2024

PEQUEÑAS COSAS, 2CD

 
Esta xoia de Mel Tregonning ocupará as reunións deste club que encherán esas páxinas de palabras. A ver que tal se lles dá.
Pequeñas cosas é a historia dun neno que ten medo do mundo, medo da soidade, medo das persoas..., un neno como calquera outro, nun mundo como o noso.
Sen palabras, só a través de imaxes, Pequenas cousas narra a historia dun neno que se sente só fronte aos seus problemas, pero que aos poucos entenderá que a axuda que necesita non está tan lonxe como cre.
Podemos empezar a "ler" aquí.
Tamén pode axudar esta montaxe que en cursos pasados realizaron outros lectores dos clubs.

xoves, 14 de marzo de 2024

RECINTO GRIS, 4A

Continuamos con Ledicia Costas en Recinto Gris.

Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exercito adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.

Material complementario.

xoves, 7 de marzo de 2024

mércores, 6 de marzo de 2024

EL AMOR ES DEMASIADO COMPLICADO, 1B

Andrés Guerrero conseguiu plasmar a dualidade do amor, a simpleza e complexidade dun mesmo sentimento, nunha serie de viñetas e historias curtas que fan que nos sintamos identificados.
Está compilación fala das barreiras físicas que son só iso: físicas, que non impiden que os sentimentos afloren. Tamén fala de amores non correspondidos ou do correspondidos pero aínda non recoñecidos, e de amores equivocados. Por suposto non podería deixar de lado os amores dixitais, que nacen nas  apps de  ligoteo que todos coñecemos.

xoves, 29 de febreiro de 2024

DÉIXAO MEDRAR, APOIO

Paio e o fútbol serán os protagonistas desta entrega de Silvestre Gómez Xurxo.

Paio ten catorce anos e é moi bo xogando ó fútbol. As persoas que están a carón do rapaz manteñen discursos diferentes: o seu pai cre que pode chegar ata o máis alto e facerse rico e famoso; súa nai, o mesmo que o adestrador do equipo, desexa que Paio xogue e se divirta sen pensar en condicionantes extradeportivos. E ademais está Ana, a rapaza coa que anda a vivir unha tenra e emotiva historia de amor, de quen Paio non ten interese ningún en separarse. O conflicto xorde cando un equipo dos grandes se interesa seriamente pola súa fichaxe.
Temos tamén unha guía de lectura.
Para motivar podedes ver esta película que tedes na biblioteca ou en Orientación.

xoves, 22 de febreiro de 2024

EL SÓTANO, 1º C

Este grupo tamén quere entrar no lado escuro do psicópata desta novela, da que tanto falan os de 1º ESO A.

domingo, 4 de febreiro de 2024

BOOKTRAILER

Alumnos de 4º lanzáronse á produción cinematográfica, sen dúbida, con éxito. Mirade algúns.

domingo, 28 de xaneiro de 2024

SUBNORMAL, 2CD

Como era de esperar, os clubs de 2ºC e 2ºD fusiónanse. Comezamos xuntos a lectura de Subnormal. Os de 3º A déronnos envexa.
A historia real de Iñaki Zubizarreta, un exxogador de baloncesto que na súa adolescencia sufriu bullying, trasladouse ao cómic "Subnormal".
Guionizado por Fernando Llor e coas ilustracións de Miguel de Porto, o protagonista e o libro convertéronse na imaxe da loita contra o acoso escolar.

mércores, 24 de xaneiro de 2024

martes, 16 de xaneiro de 2024

TEMBLOR, 3C

Na seguinte lectura, Temblor de Maggie Stiefvater, os membros do Club de lectura de 3º C tremerán. Será de medo ou de amor?
Grace, unha moza moi práctica e independente, coñece a un mozo, Sam, que esperta nela familiaridade, pero tamén inquietude.
Poderán superar os obstáculos que existen nas súas vidas?
 

Aquí o primeiro capítulo.

luns, 15 de xaneiro de 2024

PEQUEÑAS COSAS, APOIO

Nós tamén temos medos e ímolos controlar igual que os de 2º.

EL PAN DE LA GUERRA, 3A

Continuamos coa novela de Deborah Ellis, El Pan de la Guerra. Trátase da primeira dunha serie que continúa con El viaje de Parvana, Ciudad de barro e Me llamo Parvana.
A autora pasou varios meses entrevistando a mulleres e nenas nos campamentos de refuxiados en Pakistán e Rusia. Inspirado nesas conversas, o libro relata a historia de Parvana, unha rapaza afgá que, durante o goberno dos talibáns, debe facerse pasar por un rapaz para así soster á familia.

Guía de lectura

luns, 8 de xaneiro de 2024

CANDO PETAN NA PORTA..., 2AB

 
Lemos agora catro relatos de misterio que Docampo dedica aos seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan.

Material complementario.