Aquí o libro máis vándalo de David Walliams, dez historias endemoniadamente divertidas e surrealistas sobre os dez nenos máis espantosos do mundo, nenos que ensinan aos seus piollos a facer cousas horrorosas, nenos que non deixan de furgar no nariz ata amasar o moco máis grande do mundo... Dende Blas o Babas (un mozo cunhas babas que o meten sempre en problemas) ata Sofía Sofá (unha súper fan da tele que de tanto sentar no sofá... convértese nun!).
Ningún comentario:
Publicar un comentario