Agustín Fernández Paz rende homenaxe ao cine e aos mitos nestes cinco relatos. Como ocorría en Contos por palabras, son os anuncios breves dos xornais a orixe destes textos, que aquí teñen unha meirande complexidade e extensión. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder mais que acaba feita cinza, coma un soño que se esvaece. Un fantasma que regresa, como cada vinte e cinco anos, ao vello pazo familiar… Estas son algunhas das situacións que fixeron nacer os relatos deste volume.
Recordamos ao seu autor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario