martes, 28 de febreiro de 2023

IRIDIUM, 2º A

Francisco Castro convídanos con Iridium. É unha historia de amor. Ou é unha historia de discriminacións e inxustizas. Ou é unha historia sobre a amizade máis aló das dificultades. Ou é unha historia sobre unha raíña do Instagram e un malote moi malo.
Libro que entrou na prestixiona Lista IBBY de Oslo.

venres, 24 de febreiro de 2023

LA CHICA QUE PATINA Y EL TONTO QUE LA QUIERE, 2º C


Nesta novela de Andrés Guerrero, Miguel soña con ser debuxante de cómics e está namorado de África. Cando a viu por primeira vez pareceulle a moza máis guapa do mundo e os sábados deixaron de ser simplemente sábados para converterse en maravillosos sábados. África soña con gañar unha medalla olímpica e quere estudar bioloxía mariña. E a primeira vez que viu a Miguel...
Podemos ler xa e tamén seguir a guía de lectura.

luns, 13 de febreiro de 2023

LOS PEORES NIÑOS DEL MUNDO, 6º PRIMARIA

Aquí o libro máis vándalo de David Walliams, dez historias endemoniadamente divertidas e surrealistas sobre os dez nenos máis espantosos do mundo, nenos que ensinan aos seus piollos a facer cousas horrorosas, nenos que non deixan de furgar no nariz ata amasar o moco máis grande do mundo... Dende Blas o Babas (un mozo cunhas babas que o meten sempre en problemas) ata Sofía Sofá (unha súper fan da tele que de tanto sentar no sofá... convértese nun!).

AMOR DOS QUINCE ANOS, MARILYN, 1º C

Agustín Fernández Paz rende homenaxe ao cine e aos mitos nestes cinco relatos. Como ocorría en Contos por palabras, son os anuncios breves dos xornais a orixe destes textos, que aquí teñen unha meirande complexidade e extensión. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder mais que acaba feita cinza, coma un soño que se esvaece. Un fantasma que regresa, como cada vinte e cinco anos, ao vello pazo familiar… Estas son algunhas das situacións que fixeron nacer os relatos deste volume.
Recordamos ao seu autor.