xoves, 26 de abril de 2018

TRACA FINAL

 

Como cada ano estamos preparando a despedida e parte dela é a excursión final. Este curso decidimos achegarnos a Santiago; será o 2 de maio e proxectamos: 
  • Unha xornada de convivencia co alumnado do club de lectura do IES Ferro Couselo de Ourense.
  • Unha visita ao MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia).
  • Unha visita ás cubertas da catedral que dependerá dunhas obras programadas para esa data. Outras opcións posibles serán a Cidade da Cultura ou a Facultade de Historia e o Colexio Fonseca.
  • Un roteiro pola zona monumental da cidade.
A hora de saída do centro será ás 8:50 horas e a hora de chegada á Cañiza arredor das 19:30 horas, polo que non terán o transporte habitual. deberán levar comida e bebida para o xantar.
De haber máis solicitantes que prazas, a selección farase por sorteo o día 27 de abril no segundo recreo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario