martes, 16 de mayo de 2017

EXCURSIÓN

O 22 de maio temos prevista a excursión que pecha a actividade deste curso.
O destino, A Guarda.
Coma sempre haberá prazas limitadas (52) que se sortearán no caso de que a demanda supere o ofertado.
 Nesta viaxe realizarán:
  • Unha visita ao castro de Santa Trega dende onde poderán apreciar a desembocadura do río Miño.
  • Unha ruta polo casco antigo.
  • Unha andaina pola ruta das cetarias (5 km) ata  a praia “Area Grande”.
  • Unha xornada de praia.

O custo da actividade será de 8,00 €, dos que 5,00 serán aportación do alumnado e o restante correrá a cargo do club.
O alumnado deberá levar comida e bebida para o xantar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario