viernes, 13 de enero de 2017

AS VIÑETAS DE DAVILA, 4º

De cando en vez, cos lectores de 4º faremos un intermedio, unha pausa, que nos axude a interpretar textos, pero tamén a producilos de xeito divertido.
Neste caso, quixemos experimentar outras formas de ler que mesturaban o texto coa ilustración, a ironía, o humor...
Por iso, como seguidores de Luis Davila, interpretamos algunha das viñetas que este humorista publica diariamente no Faro de Vigo.
Feita unha selección, comezou o xogo da lectura. Foi, cando menos, divertido.


 

 

Como colofón, tocou producir algo similar. Todos partimos da mesma viñeta que houbo que completar.
En breve, veremos os resultados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario