lunes, 15 de febrero de 2016

IV CENTENARIO MORTE DE CERVANTES, 3º A+C

Aproveitamos a data para revisitar a vida de Cervantes axudados por tres novelas gráficas:
1.- A versión do Quijote en manga.
2.- GOL: Cervantes. La ensoñación del genio.
cervantes: la ensoñacion del genio-9788416507009
3.- Miguelanxo Prado e David Rubín: "Miguel en Cervantes. El retablo de las maravillas".
 
Neste último, os dous autores, respectivamente, ilustran unha biografía e unha recreación gráfica da versión que Cervantes nos regalou deste conto oriental.

En canto á biografía, dun xeito ameno, áxil e cheo de datos curiosos, rescata a Miguel, ao home do seu tempo, aínda que adiantado en moitos aspectos, ao home moderno de ideas novas.
Desta lectura saíron, en colaboración coa biblioteca, uns carteis realizados polo alumnado que despois foron expostos no día do libro.
Algúns coma estes:

No hay comentarios:

Publicar un comentario